O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 4 de abril de 1995, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñais en man común, dos seguintes montes:
Concello: As Neves.
Parroquia: Setados.
Nome do monte: Cachadiña.
Cabida: 3,50 ha.
Lindes: norte: camiño; sur: camiño; leste: Enrique Fernández Barbeito, Manuel Durán Pérez, Marina Barbeito Pérez e outros; oeste: muro e devasas que o separan dos montes particulares.
Nome do monte: Aspra.
Cabida: 1,80 has.
Lindes: norte: Encarnación Paz, José Iglesias Rodríguez, Severo Iglesias Rodríguez, Antonio Rincón Ubeira e outros; sur: río Termes; leste: María Rocha Pintos; oeste: Manuel Ubeira Crespo e muro que o separa.
Nome do monte: A Lagoa.
Cabida: 5,00 ha.
Lindes: norte: vía férrea, río Termes, Maximino González Fernández, Manuel Rincón, José Álvarez Fernández e outros; sur: río Miño; leste: herdeiros de César de Vide; oeste: río Termes; Carmen Rincón Prieto.
Nome do monte: Cruceiros.
Cabida: 1,70 ha.
Lindes: norte: Severo Fernández Alonso; sur: pista; leste: camiño, Herdeiros de Celestino Durán, Adolfo Pintos, Manuel Durán Pérez, Severo Iglesias Rodríguez e outros; oeste: pista, María Vilas Rincón.
Descrición: existe nel un campo de fútbol, unha escola e un aparcadoiro que ocupan uns 7.800 m, quedando o resto a piñeiral aberto. O aparcadoiro vai ser plantado axiña con carballo americano. Acerca deste monte existen antecedentes de que é propiedade da igrexa e consta no expediente documentación sobre a posible propiedade eclesiástica.
O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información dun mes de duración contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se considere procedente en relación cos montes de referencia, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23.2 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.
Pontevedra, 20 de marzo do 2000.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial e presidente do Xurado
Provincial de Montes Veciñais en Man Común
de Pontevedra