Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión que tivo lugar o 18 de marzo de 2000, o prego de bases para o concurso de proxecto e construcción da estación de tratamento de auga potable para o abastecemento de Arbo (Pontevedra), redactada por Augas de Galicia, exponse este durante o prazo de 20 días contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou no BOP. Durante este prazo os interesados poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presenta-las alegacións que coiden oportunas.
Arbo, 21 de marzo de 2000.
Manuel Rivera Domínguez
Alcalde

