Intentada a notificación do oficio do 6 de marzo de 2000, do Servicio de Apoio Xurídico da Dirección Xeral de Transportes, polo que se pon de manifesto a Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., de acordo co disposto no artigo 11.1º do R.D. 429/1993, do 26 de
marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial, o expediente de responsabilidade patrimonial por danos e perdas tramitado na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda como consecuencia da sentencia da Audiencia Nacional, pola que se anula a orde ministerial revogatoria da concesión do peirao de Punta Muxeiro (Illas Cíes), e ó non poder efectuarse a dita notificación, esta dirección xeral resolve, ó amparo do disposto no artigo 59 (4º) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceder á notificación e posta de manifesto do expediente mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, outorgándolle á empresa Vapores de Pasaje de Vigo, S.L., un prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación, para que solicite copia dos
documentos que constan no expediente e presente as alegacións ou documentos e xustificantes que considere oportunos.
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes

