Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2000 Páx. 6.830

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, do expediente 7/2000, para a subministración de lencería e vestiario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación. polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, da subministración de lencería e vestiario.

Obxecto e orzamento.

A subministración de lencería branca (lote nº 1), por un orzamento máximo de 8.796.000 ptas., toallas de man (lote nº 2), por un orzamento máximo de 2.280.000 ptas., mantas de la (lote nº 3), por un orzamento máximo de 840.000 ptas., camisóns e pixamas (lote nº 4), por un orzamento máximo de 5.510.000 ptas., sabas e panos azuis (lote nº 5), por un orzamento máximo de 1.924.000 ptas., uniformes para o persoal (lote nº 6), por un orzamento máximo de 4.913.000 ptas., anoraks (lote nº 7), por un orzamento máximo de 450.000 ptas., e zocos brancos de pel (lote nº 8) por un orzamento máximo de 2.647.000 ptas. Os importes inclúen o IVE.

Prazo de entrega.

O material obxecto deste concurso público deberá ser entregado no prazo dun mes contado a partir da data de notificación de adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa s/n, 27004 Lugo. Tfno.: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de cento setenta e cinco mil novecentas vinte pesetas (175.920 ptas.), para o lote nº 1, de corenta e cinco mil seiscentas pesetas (45.600 ptas.) para o lote nº 2, de dezaseis mil oitocentas pesetas (16.800 ptas.) para o lote nº 3, de cento dez mil duascentas pesetas (110.200 ptas.), para o lote nº 4, de trinta e catro mil catrocentas oitenta pesetas (34.480 ptas.) para o lote nº 5, de noventa e oito mil duascentas sesenta (98.260 ptas.) para o lote nº 6, de nove mil pesetas (9.000 ptas.), para o lote nº 7 e de cincuenta e dúas mil novecentas corenta

pesetas (52.940 ptas.) para o lote nº 8 e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As devanditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

Calidade, ata 5 puntos.

Prezo, ata 4 puntos.

Prazo de entrega, ata 2 puntos.

Admisión de variantes.

Admítense ata tres variantes.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do vixésimosexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 13 de marzo de 2000.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo