Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.349

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (243/1998).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción núnero un de Padrón, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 243/1998 se dictou sentencia con encabezamento e parte dispositiva que di:

«En Padrón o 26 de xuño de 1998.

Vistos os autos de xuízo de faltas seguidos neste xulgado co número 243/1998, nos que foron partes, como denunciante, Miguel Ángel García Rodríguez e, como denunciado, Ángel Rey Gens.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ángel Rey Gens da falta de inxurias que se lle imputaba, con declaración de oficio das custas causadas.

Contra esta sentencia, que non é firme, poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para a súa resolución pola audiencia provincial.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Miguel Ángel García Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón, o doce de abril de dous mil.

O secretario

Rubricado