Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO do proxecto de compensación do polígono B-21 (artigo 137 da LSG).

Neste concello tramítase mediante procedemento abreviado previsto no artigo 137 da Lei do solo de Galicia, de xeito conxunto os proxectos de bases de actuación, estatutos e compensación do polígono B-21 da área de reparto B-21 da área de reparto 21 do PXOM de Verín, por instancias de Jaime Prezado Losada e Francisco Franco Alonso.

En cumprimento do establecido no artigo 133.4º en relación ó 102 da Lei do solo de Galicia, faise público que mediante decreto desta alcaldía do 24-4-2000 aprobouse inicialmente o proxecto de bases de actuación e de estatutos presentados, acordándose o seu sometemento a información pública conxuntamente co proxecto de compensación formulado por acordo unánime dos propietarios do polígono, por prazo de 20 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, prazo durante o que o expediente poderá ser consultado na secretaría xeral do concello e se poderán presentar alegacións por parte de calquera persoa interesada.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións