Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Avda. de Vigo, 294.
Situación: Redondela.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 178 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un punto da L.M.T. T.R.O. 716 entre os CC.TT. Chapela I e Cementos Noroeste, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na Avda. de Vigo 294, concello de Redondela, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15kV/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 6 de abril de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

