Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.588

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1999 e ás listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1999, e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 das normas xerais que rexen para o fondo de acción social de 1999, publicados por Resolución do 21 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 143, do 27 de xullo), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 3 de abril de 2000 (DOG nº 66, do 4 de abril).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 21 de xullo de 1999, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1999.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación54835619276.013.614
Diminuídos4694214888.028.400
Fillos menores7.3676.638729190.196.020
Est. traballador1.51673678015.762.346
Est. fillos21.60518.7972.808132.000.000
Vivenda969754215127.252.620

Total32.47427.7024.772629.253.000