Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de abril de 2000 polo que se declara festa en Galicia de interese turístico as festas patronais de San Roque de Vilagarcía de Arousa.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de abril de 2000 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:

Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra, as festas patronais de San Roque en Vilagarcía de Arousa, de conformidade co establecido no Decreto 203/1998, do 25 de xuño, polo que se regulan as declaracións de festas de Galicia de interese turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 7 do devandito decreto, ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo