Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.764

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 105/2000, do 15 de maio, polo que se nomea a Juan Miguel Diz Guedes conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.

De conformidade co artigo 16.3º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26, alínea 1ª, da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, na redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

Nomeo a Juan Miguel Diz Guedes conselleiro sen carteira para Relacións Institucionais.

Santiago de Compostela, quince de maio de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente