Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 27 de abril de 2000 pola que se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno do Concello de Carballo (A Coruña) do 28 de setembro de 1999, relativo á supresión do posto de colaboración de viceinterventor do mencionado concello, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 2.g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

A supresión do posto de colaboración de viceinterventor do Concello de Carballo (A Coruña).

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido

na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública