Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRAZO

ANUNCIO de licitación.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión do día 5 do actual mes de maio, acordou inicia-lo expediente de contratación, mediante concurso con procedemento aberto, da obra denominada: camiño da Cerqueira, incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local POS 2000, contratación que se rexerá polo prego de condicións tipo aprobado polo Pleno de Deputación Provincial da Coruña, en sesión do 31 de marzo de 2000.

1. Entidade adxudicadora e datos para a obtención de información.

Organismo: Concello de Trazo.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2.Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: camiño da Cerqueira.

Lugar de execución: lugar da Cerqueira, parroquia de Chaián (Concello de Trazo).

Prazo de execución: dous meses.

3. Procedemento e forma de adxudicación, tramitación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

10.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Garantías.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información .

Entidade: Concello de Trazo.

Domicilio: Viaño Pequeno, 14.

Localidade: Trazo.

Teléfono: 981 68 90 01

7. Clasificación do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP ou DOG, de 9 a 13 horas, no rexistro xeral do Concello de Trazo.

Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de condicións.

9. Apertura de proposicións.

Ás doce horas do quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións (se cadrase en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Trazo, 9 de maio de 2000.

Jesú Dubra Rama

Alcalde