Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Venres, 19 de maio de 2000 Páx. 7.842

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2000, conxunta da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se publica a selección dos premios dos traballos presentados na fase autonómica do Certame Europeo do Xove Consumidor 2000.

Por resolución conxunta do 4 de febreiro de 2000 (DOG nº 33, do xoves, 17 de febreiro), a Consellería da Presidencia e Administración Pública convocou premios dos traballos presentados na fase autonómica do Certame Europeo do Xove Consumidor 2000. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nos puntos 3.4 e 3.5, polo xurado mencionado no punto 3.7 das bases da convocatoria, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos para traballos presentados na fase autonómica do Certame Europeo do Xove Consumidor 2000 presentados conforme a resolución conxunta do 4 de febreiro de 2000, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2000.

José Luis Mira LemaVíctor Tello Calvo

Director xeral de OrdenaciónPresidente do Instituto

Educativa e FormaciónGalego de Consumo

Profesional

ANEXO:

Primeiro premio.

Título: Perspectivas e alternativas na producción e consumo de novos alimentos.

Coordinador: José Luis Meijide del Río.

Nivel: 4º curso da ESO.

Centro: IES A Piringalla-Lugo.

Dotación: 800 euros e diploma.

Segundo premio.

Título: Guía para un consumo responsable do chicle.

Coordinadora: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey.

Nivel: 4º curso da ESO.

Centro: IES Mugardos-A Coruña.

Dotación: 600 euros e diploma.

Terceiro premio.

Título: Tarxetaria.

Coordinadores: Manuel Fontán Teso/Ana Mª López Marras/Milagros Guzmán Barros.

Nivel: 8º EXB.

Centros: CEIP Lourido e CEP Chancelas Poio-Pontevedra.

Dotación: 500 euros e diploma.

Accesits.

Título: As novas canles de distribución co peixe fresco e conxelado.

Coordinador: Enrique Moreno Molinero.

Nivel: 3º curso da ESO.

Centro: CPI Celso Emilio Ferreiro-Vigo.

Dotación: 300 euros e diploma.

Título: Os organismos modificados xeneticamente e o consumidor.

Coordinador: José Benito Andrade González.

Nivel: 4º curso da ESO.

Centro: IES Valle Inclán-Pontevedra.

Dotación: 300 euros e diploma.

Título: Consumo, Muller e Publicidade no século XX.

Coordinadora: Mª Jesús Buitrago Rubira.

Nivel: 4º curso da ESO.

Centro: IES Ribeira do Louro-O Porriño.

Dotación: 300 euros e diploma.

Título: Recoñecernos como consumidores.

Coordinadores: Antonio Gregorio Montes/Gabriel Oría de Rueda Elorriaga.

Nivel: 4º curso da ESO.

Centro: IES Porta da Auga-Ribadeo.

Dotación: 300 euros e diploma.

O traballo clasificado en primeiro lugar concursará representando a Comunidade Autónoma de Galicia na Fase Nacional do Certame.