Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.
Organismo: Instituto Galego de Consumo.
Obxecto do contrato: realización dos servicios necesarios para levar a cabo o XIV Congreso Galego de Consumo.
Prazo de execución: o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata a conclusión do congreso.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
Solvencia económica, financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) da LCAP.
A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal como dispón o artigo 19.e) da citada lei.
Orzamento base de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.), 72.121,453 euros.
Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (240.000 ptas).
Obtención de documentación e información:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: Praza de Europa, 10-A, 2º.
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
-Teléfono: 981 54 45 12.
-Fax: 981 54 45 99.
Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.
Requisitos específicos do contratista:
-Clasificación: non se esixe.
Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
Lugar de presentación:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Apertura de ofertas:
-Entidade: Instituto Galego de Consumo.
-Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.
Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caese en sábado, posporase ata o luns seguinte.
Hora: once horas.
Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.
Víctor Tello Calvo
Presidente do Instituto Galego de Consumo

