Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Martes, 23 de maio de 2000 Páx. 8.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO.

Acordo do 9 de maio de 2000, da Comisión de Goberno Municipal, polo que se acorda inicia-lo expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación urxen te, da obra de adecuación do contorno e obras de restauración dos muíños de Gunxel e Machuco, incluída no convenio do Concello da Capela-Asociación EuroEume-Proder.

Obxecto.

É a execución da obra denominada: adecuación do contorno e obras de restauración dos muíños de Gunxel e Machuco.

Tipo de licitación.

13.000.000 de pesetas (78.131,57 euros).

Fianza provisional.

2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva.

4% do importe de adxudicación.

Información.

Secretaría do concello. Teléfono: 981 45 90 06.

Proposicións. Data límite.

Ata as 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso.

BOP da Coruña.

A Capela, 10 de maio de 2000.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente