Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.041

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 114/2000, do 14 de abril, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en información e comercialización turísticas.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 2217/1993, do 17 de decembro, establece o título de técnico superior en información e comercialización turísticas e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 2217/1993, do 17 de decembro.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia

poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de abril de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico superior en información e comercialización turísticas, regulado polo Real decreto 2217/1993, do 17 de decembro, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e completado polo Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1. do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título, son as que se expresan no punto 4.2.2. do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.2.3. do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1. e 4.4.2. do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder ós estudios universitarios que se indican no punto 4.4.3. do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5. do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vilalba, catorce de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: información e comercialización turísticas.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Comercializar destinos turísticos, crear productos turísticos de base territorial, asistir e guiar grupos e xestionar servicios de información turística.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Detectar oportunidades de conservación do patrimonio e dos recursos naturais locais e rexionais.

* Detectar oportunidades de desenvolvemento para a posible creación e/ou mellora de productos e servicios turísticos.

* Interpreta-los plans xerais da empresa ou entidade e concretalos en accións de información, comercialización e asistencia de grupos.

* Comunicarse polo menos en dúas linguas estranxeiras nas diferentes actividades de guía, de información e comerciais propias deste subsector.

* Rendibiliza-la prestación do servicio segundo criterios de eficacia, economía e productividade, tendo en conta as espectativas dos diferentes clientes demandantes de servicios de intermediación, guía e información de natureza turística e cultural propios de Galicia.

* Posuír unha visión global e integrada da prestación do servicio de información, guía e asistencia a grupos e a clientes individuais.

* Detecta-las posibles ameazas, puntos débiles e outros aspectos que poden pór en perigo a realización e o desenvolvemento do producto ou servicio.

* Organizar, executar e controlar accións e programas de comercialización turística.

* Planificar, desenvolver e avalia-lo servicio de asistencia e guía a grupos turísticos de diferente natureza e tipoloxía.

* Informar cada grupo e segmento de clientes segundo as súas expectativas, motivación e características estándar.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitíndolle ó grupo que estea asistindo os sinais de alarma con celeridade e serenidade.

* Resolver problemas tanto no ámbito da información como no da asistencia a grupos ou a clientes individuais, e tomar decisións específicas sobre as súas actuacións identificando e seguindo as normas establecidas.

* Suavizar de cara ó cliente as situacións anómalas que poidan xurdir durante a prestación do servicio.

* Implica-lo grupo que está asistindo, ante un problema específico, para chegar a unha solución conxunta.

* Prever, deseñar e aplicar medidas correctoras ante posibles continxencias que poidan xurdir antes da prestación do servicio turístico, e actuar en consecuencia.

* Transformar imprevistos en situacións orixinais e novas para o grupo.

* Propór variantes na información e comercialización ante cambios inesperados na solicitude e novas prioridades improvisadas por parte dos clientes ou líderes do grupo.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Dirixir con eficacia e afabilidade o grupo durante o desenvolvemento do servicio.

* Manter comunicación correcta e debidamente coordinada coas diferentes empresas relacionadas ou implicadas no desenvolvemento do servicio ou nalgunha das súas fases ou áreas.

* Liderar e integra-los diferentes asistentes ó acontecemento ou actividade de lecer ou de viaxe, na dinámica do grupo.

* Planificar, programar e organizar servicios alternativos relacionados co grupo obxecto da asistencia.

* Manter un control do grupo obxecto do servicio ou comercialización turística, cunha actitude propia de seguridade e un estándar de profesionalidade aceptable e identificable polo cliente.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Comerciar con destinos turísticos de Galicia e informar sobre os diferentes recursos turísticos e culturais relacionados e de interese para a promoción deste tipo de servicios.

* Adaptarse ás demandas variadas que sobre os diferentes servicios de información e comercialización turística demandan os clientes e sobre os que son ofertados polas empresas do sector.

* Adaptarse ós cambios organizativos e productivos que na área de novos medios son incorporados polas empresas na prestación de servicios, información e comercialización turística.

* Reflecti-la imaxe da empresa de servicios ou entidade, tanto nos resultados do seu traballo como nas relacións que manteña co exterior.

* Ofrecer unha comunicación afectiva e motivadora no desenvolvemento do seu traballo con outras institucións e establecementos, acordes co plan e estratexias de marketing e comunicación do producto turístico por parte da empresa.

* Reaccionar de forma profesional e conforme o protocolo establecido pola empresa que promove ou leva a cabo a prestación do servicio.

* Actuar positivamente ante novas técnicas de organización do sector productivo e das diferentes actividades e tarefas relacionadas ou implicadas.

* Manter unha actitude de constante preocupación e busca de novas fontes de información acordes cos servicios ofertados pola empresa turística e valora-la eficiencia técnica da tecnoloxía implicada.

* Implicarse e involucra-lo grupo na esixencia da conservación do seu patrimonio cultural e natural, como recurso turístico.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

O técnico superior en información e comercialización turísticas recibe instruccións sobre os obxectivos xerais do seu traballo. A súa responsabilidade estenderase á organización dos recursos humanos e materiais necesarios para a prestación do servicio e a execución de actividades de información, asistencia e promoción de grupos. Está capacitado para realizar tamén a supervisión do traballo dunha oficina de información turística.

Este técnico é autónomo nas seguintes actividades:

* Selección das fontes de información. Recollida e organización da información. Elaboración de informes que recollan conclusións da investigación do mercado turístico da zona.

* Organización, preparación e coordinación do equipo humano e dos materiais necesarios para as accións comerciais e de información turística definidas.

* Asesoramento e información turística. Atención de reclamacións e resolución de incidencias. Coordinación e acompañamento de transfer.

* Asistencia e información a grupos turísticos en viaxes, excursións e visitas locais. Control da calidade dos servicios propios e dos pactados cos provedores.

Pode ser asistido en:

* Elaboración de enquisas.

* Deseño e desenvolvemento de productos turísticos.

* Planificación do servicio de información turística.

* Organización e xestión do centro, oficina ou punto de información.

* Coordinación con outros centros de información.

* Deseño de material informativo e de promoción.

* Planificación e execución de actividades de animación en viaxes.

* Deseño do servicio de asesoramento e información turística.

Debe ser asistido en:

* Definición e xestión de actos de promoción.

* Programación de viaxes organizadas. Xestión económica.

* Execución de accións de ordenación turística.

2.4. Unidades de competencia:

1. Comercializar destinos e crear productos turísticos de base territorial.

2. Asistir e guiar grupos turísticos.

3. Xestionar servicios de información turística.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: comercializar destinos e crear productos turísticos de base territorial:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Buscar e analiza-la información necesaria para estudia-lo mercado turístico da zona.* Identificáronse as características xenéricas do mercado turístico da zona (concorrencia e competencia, entre outras).
* Identificáronse as variables máis características e representativas da demanda da zona turística: factores demográficos, sociolóxicos, económicos e motivacións.
* Identificouse a oferta turística da zona.

-Os recursos turísticos: naturais, histórico-artísticos, etnográficos, folclóricos, artesanais, gastronómicos e culturais.-A infraestructura básica: accesos, abastecementos, transportes, etc.-A infraestructura turística: aloxamentos, servicios de restauración, oferta recreativa, etc.

* Identificáronse e seleccionáronse fontes de información primarias (enquisas, reunións e outras) e secundarias internas e externas (informes, publicacións, etc.) para a súa utilización na obtención de información.
* Seleccionouse e deseñouse o método para a recolla de datos.
* Analizouse a información recollida mediante a utilización dos métodos adecuados (técnicas estatísticas, contraste de hipóteses, análise de probabilidades, etc.).
* Obtivéronse conclusións sobre a evolución e comportamento do mercado, os seus puntos fortes e débiles e as oportunidades detectadas.

1.2.Deseñar e/ou asesorar no deseño de productos turísticos concretos de base territorial, de modo que se satisfagan as expectativas da demanda, a rendibilidade dos recursos e a oferta de servicios do contorno.* Delimitáronse as posibilidades de explotación turística da zona seleccionada.
* A partir dos obxectivos fixados, definíronse, ó seu nivel, as posibilidades de creación de novos productos turísticos ou a mellora dos xa existentes, ademais de estudia-la súa viabilidade comercial, técnica e financeira.
* Definíronse, ó seu nivel, os parámetros e criterios que permitirán avalia-la calidade deses productos ou servicios turísticos.
* Obtivéronse conclusións e trasladouse a información elaborada ós seus superiores ou ós responsables da definición da oferta turística da zona ou concello, no tempo e na forma establecidos.

1.3.Organizar e controla-lo desenvolvemento dos productos turísticos definidos de modo que resulten atractivos para a súa demanda potencial e se poidan comercializar.* Establecéronse e preparáronse, seguindo as instruccións recibidas, as accións necesarias para o desenvolvemento dos productos turísticos definidos, determinando e organizando os recursos humanos e materiais necesarios.
* Determináronse as persoas e/ou establecementos involucrados no desenvolvemento dos productos turísticos definidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Organizáronse as accións informativas e formativas necesarias para que esas persoas e establecementos teñan coñecemento dos productos e servicios turísticos definidos e adquiran a capacitación prevista para o seu desenvolvemento correcto.
* Déronse as orientacións previas para asegura-la execución das accións de acordo co programa elaborado.
* Observouse que o desenvolvemento do producto turístico se realiza na forma e tempo establecidos, cumprindo coas especificacións definidas e co estándar de calidade previsto.

1.4.Organizar, executar e controlar actos e programas de comercialización turística encamiñados á consecución dos obxectivos comerciais fixados.* Achegáronse ideas e suxestións ós responsables da definición da acción comercial na zona acerca de:-A selección do público obxectivo.-Os medios de comunicación, os soportes e as formas publicitarias máis adecuadas para chegar ó público obxectivo.-As actuacións de promoción.-A participación en acontecementos de ámbito local, provincial, nacional ou internacional.-O deseño e preparación de materiais gráficos de promoción.
* Determinouse para cada acto ou programa de promoción:-As condicións de participación se é un acto externo á entidade.-O plannig temporal das accións e programas.-Os recursos humanos e materiais necesarios.-As competencias e funcións de cada persoa, así como o prazo e as condicións para a súa realización.-O plannig horario do desenvolvemento de cada acto.-Os provedores intervenientes no proceso de montaxe, decoración ou outros servicios para a realización do acto.
* Organizáronse as actividades informativas e formativas necesarias para que as persoas involucradas conten cos coñecementos e capacitación previstos.
* Asignáronselle ó persoal involucrado as accións e tarefas previstas, controlando o desempeño e dando as orientacións convenientes para asegura-la execución das accións de acordo co programa elaborado.
* Participouse en actos e programas de promoción, atendendo as peticións de información turística sobre o destino, zona ou producto turístico.
* Realizáronse visitas de promoción a clientes potenciais e distribuíronselles, ós clientes potenciais e/ou actuais, materiais de promoción e ofertas.
* Controlouse o desenvolvemento da acción publicitaria e de promoción coidando de que esta se realice de acordo coa programación prevista, e informáronse as persoas e/ou departamentos correspondentes, no tempo e forma establecidos.

1.5.Avalia-la calidade dos servicios e equipamentos que compoñen o producto turístico de base territorial e o seu grao de aceptación.* Aplicouse o sistema de control de calidade definido para avalia-los productos e servicios turísticos da zona, comprobando o grao de cumprimento dos parámetros e criterios definidos, analizando as posibles desviacións e as súas causas e aplicando, de se-lo caso, as medidas correctoras oportunas.
* Recolleuse información sobre a satisfacción da demanda actual, mediante o método seleccionado e deseñado para a recolla de datos.
* Obtivéronse conclusións e trasladáronselles ós seus superiores xerárquicos no tempo e forma establecidos.

Dominio profesional

-Medios e/ou tratamento da información:

Medios e equipos de oficina. Equipos e material fotográfico. Material de promoción.

-Productos ou resultados do traballo:

Información e documentación do mercado turístico estudiado. Creación, desenvolvemento e mellora de productos e servicios turísticos da zona ou localidade. Promoción de destinos e productos turísticos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Xestión e tratamento de información. Técnicas de marketing. Técnicas de comunicación. Técnicas de xestión económico-administrativas. Control de calidade.

-Información:

Directrices e estratexias xerais da entidade. Información e documentación sobre mercados turísticos. Lexislación turística xeral e particular. Información sobre accións de publicidade e promoción, e canles de distribución actuais e pasados da entidade.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Departamentos da empresa ou entidade. Entidades públicas ou privadas de promoción e información turística. Convention bureau. Delegacións de turismo doutros países presentes no noso. Compañías aéreas e de transporte. Servicios de cultura e xuventude da administración. Empresas turísticas. Particulares.

2.5.2. Unidade de competencia 2: asistir e guiar grupos turísticos:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Avaliar e analiza-lo servicio turístico que debe prestar, comprobando a súa adaptación ós requirimentos do grupo e determinando as súas necesidades ou requisitos.* Obtívose a información sobre o tipo de grupo, a ruta e itinerario propostos, os transportes que se deben utilizar, os aloxamentos, as visitas, as actividades e os provedores previstos.
* Identificouse a información subministrada ó cliente.
* Elaborouse un informe de avaliación da adaptación do servicio previsto ós requirimentos do cliente, incluíndo alternativas a estes servicios que poidan mellora-la viaxe ou itinerario.
* Identificáronse os medios necesarios para a prestación do servicio e definíronse (nas condicións económicas establecidas) as súas características:-A información relativa a visitas.-A información que prevé utilizar no percorrido.-Os medios de difusión previstos.

2.2.Xestiona-los medios necesarios para a realización do servicio, de modo que se asegure un cumprimento pleno e atractivo.* Asegurouse de que se posúe a documentación de viaxe achegada pola entidade organizadora e a información necesaria para a organización do servicio, referida a visitas, actividades e provedores previstos, consultando, de se-lo caso, as fontes de información oportunas.
* Contactouse con quen presta os servicios, asegurándose de que se cumpren as condicións, prezos e prazos previstos, comprobando a súa idoneidade e pertenza segundo o percorrido determinado, previndo as substitucións necesarias e recollendo información sobre as persoas de contacto e recepción do grupo en destino.
* Recolleuse, analizouse e sintetizouse a información que se vai utilizar durante o percorrido.
* Solicitáronselles, ás empresas que ofrecen os servicios, os soportes de información que hai que distribuír entre os participantes.
* Establecéronse os medios e formas adecuadas para promociona-la empresa ou organización para a que traballa.
* Establecéronse os mecanismos necesarios para a solución das continxencias e imprevistos que se presenten, de modo que se asegure unha alternativa para cada unha das actividades e servicios previstos.

2.3.Recoller, acoller, acompañar e informa-lo grupo, logrando que en todo momento se sinta seguro, convenientemente informado, atendido e entretido.* Proporcionóuselles ós participantes a información e a documentación relativas a:-Programa da viaxe.-Lugar e hora de encontro.-Medios de identificación, tanto do grupo como de si mesmo.-Información de interese coa que deben contar.-Documentos dos que debe dispor.-Medios para emitir queixas sobre a organización da viaxe ou visita.

RealizaciónsCriterios de realización

* Facilitouse a información de viaxe ou ruta local de forma secuenciada e adaptada ó resto de actividades, evitáronse os apuros e seleccionouse o idioma e o nivel de comprensión necesario para tódolos participantes, ademais de estimula-la curiosidade e o interese.
* Respondeuse con claridade e corrección a tódalas preguntas formuladas polos membros do grupo, solucionáronse as súas dúbidas e ampliouse a información cando así lle foi requirido.
* Asegurouse a súa presencia nos lugares e momentos adecuados, e solucionáronse os imprevistos de forma rápida e eficaz.
* Comprobouse a presencia dos participantes, repasando e actualizando a lista facilitada pola entidade contratante.
* Coordinouse o embarque dos participantes na viaxe de ida, no transfer, nos cambios de medio de transporte e na viaxe de regreso, tendo en conta os trámites de emigración e alfándegas.
* Asignouse e coordinouse a asignación de asentos, camarotes ou departamentos ós participantes, evitouse a separación de persoas que viaxan xuntas, e asegurouse a equidade da distribución.
* Comprobouse o embarque e desembarque das equipaxes, e reclamáronse, de se-lo caso, os extravíos producidos.
* Coordinouse a entrada e saída dos aloxamentos, supervisando a correcta asignación de habitacións, comprobando que os servicios ofertados se axustan ó pactado coa entidade organizadora da viaxe e que se atenderon as demandas e necesidades dos participantes.
* En todo momento, mantívose a seguridade do grupo, evitando extravíos e accidentes.

2.4.Organizar e vender actividades facultativas, de modo que se respecte o programa do establecemento organizador e se amplíe o lecer e os coñecementos dos participantes.* Comprobouse a pertenza das actividades, atendendo ós requirimentos e condicións da axencia de viaxes ou establecemento organizador, ás posibilidades do lugar ou lugares de destino e ás expectativas dos clientes.
* Valorouse a oferta dispoñible, os provedores e os prezos das actividades seleccionadas, e informáronse de forma adecuada os participantes.
* Acompañáronse e informáronse os integrantes do grupo que voluntariamente participaron na actividade, atendendo as súas demandas e solucionando os imprevistos.
* Estableceuse, para os que non acudiron á actividade, o programa adecuado para o seu lecer, comprobando a súa seguridade.
* Dispuxéronse os medios de cobramento adecuados ó número de participantes e ás normas establecidas nos lugares que se prevé visitar.

2.5.Avalia-lo servicio realizado para comproba-lo grao de satisfacción dos clientes e adapta-la programación de futuros servicios.* Recolleuse a información proporcionada polos métodos establecidos para avalia-la satisfacción do cliente e o nivel de cumprimento dos obxectivos previstos.
* De se-lo caso, realizouse a liquidación do obtido polas actividades complementarias, deducindo a súa porcentaxe.
* Organizouse a información xerada durante a prestación do servicio, co fin de:-Proporcionarlle á axencia ou entidade contratante un informe sobre os resultados do servicio.-Enriquece-los seus coñecementos e recursos para mellora-los seus servicios en futuros contratos.
* Avaliouse que a prestación dos servicios se corresponde coas condicións establecidas e acordadas polo cliente.

Dominio profesional

-Medios de producción e/ou tratamento da información:

Medios de transporte. Instalacións dos que prestaban os servicios turísticos. Medios e equipos de oficina. Medios propios da actividade (micrófono, material fotográfico, vídeos...).

-Materiais e productos intermedios:

Información e documentos derivados da xestión da viaxe e/ou itinerario para realizar. Xestión dos medios necesarios para a prestación do servicio.

-Productos ou resultados do traballo:

Asistencia a grupos turísticos en transfer, viaxes, excursións e visitas locais. Venda de actividades facultativas. Informe de avaliación do servicio prestado.

-Procesos, métodos e procedementos:

Xestión e tratamento de información e documentación. Técnicas de animación e dinámica de grupos. Control de calidade.

-Información:

Información e documentación sobre mercados turísticos. Planos e mapas. Documentos de viaxe. Lexislación turística.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Empresas turísticas. Grupos turísticos. Particulares.

2.5.3. Unidade de competencia 3: xestionar servicios de información turística:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Obter, clasificar e procesar información de interese sobre o contorno con vistas a satisface-las demandas de información turística dos clientes.* Identificáronse, avaliaronse e seleccionáronse as fontes de información en función da súa fiabilidade, periodicidade, continuidade e grao de elaboración.
* Estableceuse e aplicouse un procedemento de recollida e actualización de datos e documentos que permita contar con información accesible e fiable.
* Seleccionouse, adaptouse e aplicouse un método de tratamento da información que recolla criterios para a súa clasificación e formas de explotación adecuadas.

3.2.Atende-las peticións dos visitantes e residentes para cubri-las súas necesidades de información, consello e axuda en relación con aspectos derivados da actividade turística ou da súa estadía fóra do seu lugar habitual de residencia.* Dotouse dos distintivos adecuados para que se recoñeza o seu papel de informador turístico.
* Atendéronse os requirimentos do demandante do servicio, utilizando o medio adecuado, de forma clara e apropiada a cada caso, e satisfacendo as súas expectativas.
* Indicáronselle ó solicitante os lugares ou instancias ós que se debe dirixir en caso de non posuí-la información solicitada.
* Con fins estatísticos, rexistrouse a demanda nos formularios regulamentarios e de acordo co sistema establecido, consignando a hora, o tipo de cliente e a categoría da información solicitada.
* Atendéronse as reclamacións dos usuarios de forma eficaz, utilizado as canles adecuadas para a súa resolución.

3.3.Planificar e controla-la actividade dunha oficina de información turística, de modo que se adecue ás características do lugar en que se asenta e se cumpran os obxectivos definidos.* Por medio de información directa e expresa, accedeuse ó coñecemento da planificación turística da zona, de modo que poida determina-lo ámbito de actuación funcional e territorial da oficina de información turística.
* Definíronse os obxectivos de carácter particular para a oficina e, de se-lo caso, remitíronse ás instancias superiores correspondentes para a súa aprobación e modificación se resultou procedente.
* Recolleuse e analizouse a demanda actual e potencial do servicio de información, de modo que se poida adapta-lo servicio do establecemento.
* Determinouse o procedemento de control de calidade na prestación do servicio de información, establecendo puntos de referencia e sistemas de avaliación.
* Elaborouse un orzamento de operacións, axustándose ós recursos dispoñibles.
* Establecéronse os medios para controlar e adapta-lo servicio, adecuándose ós obxectivos previstos e ó tipo de demanda.

RealizaciónsCriterios de realización

* Estableceuse un proceso de seguimento adecuado do orzamento da oficina, realizando os cálculos necesarios para comproba-lo nivel de cumprimento dos obxectivos económicos e detectando posibles desviacións.
* Aplicáronse ou propuxéronse medidas correctivas para adecua-los ingresos, se os houbera, e os gastos ás cifras orzamentarias.
* As persoas ou organismos correspondentes foron informadas sobre os resultados da súa xestión, no tempo e forma adecuados.

3.4.Organiza-los recursos necesarios para prestar un servicio de información turística que satisfaga as necesidades da demanda.* Formuláronse e desenvolvéronse os programas para as opcións de actuación escollidas, previndo os recursos humanos e materiais necesarios para executalos.
* Estableceuse un procedemento de difusión da información que permita activa-la súa utilización por parte dos usuarios potenciais e que garanta a súa correcta transmisión.
* Estableceuse a forma de organizar e xestiona-lo almacén, que permita unha pronta localización individualizada das achegas dos provedores, así como a súa localización temática e idiomática, segundo as necesidades do establecemento.
* Organizouse e distribuíuse o persoal ó seu cargo segundo os programas previstos, determinando os seguintes aspectos:-Recrutamento e selección de candidatos, se é o caso.-Confección de quendas, horarios e días libres.-Nivel de responsabilidade e independencia dos empregados.-Medios de control e avaliación do persoal.-Propostas de programas de formación, de ser necesario.
* Establecéronse contactos con outros centros de información cos que se poidan intercambiar datos ou compartir tarefas.
* Distribuíuse o espacio da oficina de forma que o servicio poida ser prestado de forma eficaz.
* Sinalizouse a oficina, tanto para o seu acceso desde o exterior como nas súas seccións interiores, para unha cómoda consulta.
* Definiuse o horario de atención, que foi exposto en lugar visible.
* Dispuxéronse os medios adecuados para aplica-lo procedemento de calidade definido, co fin de avaliar e controla-la calidade do servicio, de modo que se adecue ós obxectivos fixados e se satisfagan as expectativas da demanda.

Dominio profesional

-Medios e/ou tratamento da información:

Equipos e material de oficina. Material informativo e de promoción.

-Productos ou resultados do traballo:

Información e documentación de mercados turísticos. Servicios de atención e información turística en destino adecuado a cada tipo de demanda e cliente. Promoción de productos e destinos turísticos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Xestión e tratamento de información e documentación. Técnicas de comunicación. Técnicas de marketing. Técnicas de xestión económico-administrativa. Control de calidade.

-Información:

Planificación estratéxica do destino ou zona turística. Información e documentación sobre mercados turísticos. Información económico-administrativa da entidade. Lexislación turística específica. Información sobre servicios locais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Delegacións de turismo doutros países presentes no noso. Compañías aéreas e de transporte. Servicios de cultura e xuventude da Administración. Entidades públicas e/ou privadas de promoción e información turística. Empresas turísticas. Clientes particulares.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios producidos na sociedade actual supuxeron variacións nas motivacións dos turistas e, en consecuencia, a reducción progresiva de certas actividades turísticas tradicionais (vacacións de sol e praia) e a aparición de actividades e productos turísticos novos.

Estes novos productos turísticos ofrécenlle interesantes perspectivas ó turista de calidade, minoritario pero crecente, que busca, principalmente:

* Diversificación da oferta turística e información máis completa sobre esa oferta.

* Confort e estética ambiental nos destinos turísticos.

* Calidade e personalización nas prestacións turísticas.

* Participación activa na planificación e desenvolvemento do seu tempo de lecer.

* Innovación en deseños de productos turísticos.

A aparición de novas tecnoloxías de comunicación e de comercialización e os grandes avances nos medios de transporte están influíndo notablemente na evolución das actividades de información e comercialización no sector turístico, dotándoas de gran rapidez e axilidade en calquera tipo de xestións.

As oficinas de información tenden a diversificar e amplia-los seus servicios, converténdose en entes máis complexos, que se achegan ó concepto europeo de servicio de información e que responden e se adaptan mellor ás necesidades da demanda turística.

Por outro lado, prevense cambios organizativos nas empresas do sector, debido non só ás novas tecnoloxías, senón tamén á competencia á que dá lugar a integración europea. Existe unha tendencia crecente á concentración empresarial, que permite unificar esforzos e manter unha postura máis competitiva no mercado.

A concentración empresarial esixirá que os CIT se transformen en complexas estructuras de bancos de datos de información onde o cliente poderá obter con axilidade e rapidez todo o asesoramento que necesite.

No referente ó aspecto organizativo, pódese face-las consideración de que actualmente se tende a que o cliente sexa o cume do organigrama empresarial, xa que o lema é «satisface-las súas necesidades».

O asesor e informador turístico son parte integrante do equipo empresarial onde se suman esforzos para cumprir os obxectivos día a día. En definitiva, o mercado é cambiante e as oficinas de información, así como os asesores e informadores turísticos, terán que evolucionar ó mesmo tempo para competir nun mercado onde a súa supervivencia e o seu éxito serán decididos, en último termo, polos clientes.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

O técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ten tres grandes áreas de desenvolvemento da actividade: o deseño e comercialización de productos turísticos locais ou rexionais, a asistencia e guía de grupos e a información e asistencia turística nos destinos.

Canto ó deseño e a comercialización, prevese unha tendencia á especialización destes profesionais nos distintos productos turísticos (dependendo da evolución da demanda turística en cada momento), así como un incremento de autonomía e responsabilidade no desenvolvemento de accións de comercialización.

A asistencia e guía de grupos evoluciona cara a unha maior autonomía na planificación das actividades propias deste profesional e unha maior valoración da actividade de asistencia e animación en ruta, para procura-lo abandono da actitude pasiva que tradicionalmente adopta o turista cando viaxa en grupo.

As oficinas ou puntos de información turística, como se espuxo, tenden a se converter en oficinas de servicios máis complexas, polo que os profesionais que as atenden terán que adaptase ás novas demandas (venda de material informativo, planificación de actividades de lecer, reserva de servicios en establecementos, etc.) que o mercado turístico vaia determinando na súa evolución.

Prevese, polo tanto, un incremento nas seguintes actividades:

* Forfaitistas de productos turísticos á demanda.

* Asesores e organizadores de actividades turísticas no destino coa correspondente animación.

2.6.3. Cambios na formación:

Esta figura caracterízase por cubrir un campo profesional amplo e por orientarse á realización dunhas actividades emerxentes e novas, sobre todo as referidas ó deseño de productos turísticos.

Isto vai determina-la necesidade crecente de formación e actualización, o que permitirá a estes profesionais afondar no coñecemento de productos turísticos concretos, manexa-las novas tecnoloxías de información e comercialización que vaian xurdindo en cada momento, adaptarse ó contorno onde desenvolvan o seu labor profesional e manterse actualizados canto ó coñecemento do mercado.

Ademais, ó existir unha normativa legal que pode condiciona-las súas actividades profesionais (nor

mas de ordenación do territorio, condicións para o exercicio da actividade de guía en cada lugar, axudas e subvencións das administracións ou da UE para determinadas iniciativas turísticas, etc.), necesitarán tamén estar ó día no coñecemento da lexislación vixente.

O técnico superior en información e comercialización turísticas requirirá o perfeccionamento crecente do seu nivel de idiomas.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Esta figura exercerá o seu traballo no sector de hostalería e turismo, prestando servicios de información e asesoramento, asistencia a grupos, comercialización, promoción e planificación turística.

Os distintos tipos de empresas e entidades onde pode desenvolve-la súa actividade son:

* Axencias de viaxes, «touroperadores» e outras empresas ou entidades mediadoras e de comercialización de servicios turísticos e viaxes.

* Entidades de planificación turística.

* Entidades de información e promoción turística.

* Empresas de consultoría.

* Empresas de aloxamento turístico

* Centros socio-culturais.

Non obstante, pode situarse noutro tipo de empresas do sector nas funcións de comercialización de productos e/ou servicios turísticos.

Ademais, este profesional pode traballar como autónomo, principalmente cando ofrece servicios de asistencia a grupos turísticos. Os seus principais contratantes, neste caso, serán as empresas mediadoras e de comercialización de servicios turísticos e de viaxes.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

O técnico superior en información e comercialización turísticas sitúase nas funcións e subfuncións de deseño e preparación de productos ou servicios turísticos, de atención ó cliente e de comercialización de servicios turísticos.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen os seguintes campos:

* Investigación de mercado.

* Deseño de productos turísticos.

* Técnicas de asistencia e guía de grupos.

* Técnicas e procedementos de información turística.

* Técnicas de marketing operacional.

* Atención ó cliente: técnicas de comunicación e expresión e habilidades sociais.

* Idiomas.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Informador turístico, xefe de oficina de información turística.

* Técnico en organización de feiras e acontecementos.

* Promotor turístico.

* Guía de turismo.

* Transferista.

* Investigador de mercados turísticos.

* Guía local.

* Dinamizador de núcleos e destinos turísticos.

* Relacións públicas.

* Asistente de publicidade e promoción.

* Técnico en planificación turística local.

Posibles especializacións:

* A figura profesional descrita, ó se inserir laboralmente nun posto de traballo concreto dos relacionados anteriormente, pode conseguir diferentes especializacións, para o que lle cumprirá un período de adestramento e adaptación nese posto de traballo. A especialización desta figura derivará do tipo de establecemento, área ou departamento de deseño e comercialización de productos turísticos locais ou rexionais, asistencia e guía de grupos, información e asistencia turística nos destinos nos que poida desenvolve-la súa actividade profesional.

* Mediante experiencia laboral e formación práctica complementaria de ciclo curto esta figura pode chegar a ocupa-lo posto de técnico responsable de información, promoción e comercialización turísticas de zona ou producto turístico.

* A título de exemplo enuméranse a continuación algunhas destas especializacións:

-Deseñador de productos turísticos.

-Investigador de mercados turísticos.

-Promotor e núcleos turísticos locais e rexionais.

-Técnico en inventarios de recursos turísticos locais e rexionais.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Identificar fontes de información que permitan analiza-la oferta e a demanda turística internacional, española, galega, provincial e local.

* Traballar en equipo, responsabilizarse da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respecta-lo traballo e as ideas dos demais, participar acti

vamente na organización e desenvolvemento das tarefas colectivas tanto no ámbito da información como da comercialización turísticas, e cooperar na superación de dificultades que se presenten.

* Analizar e interpretar información do mercado turístico identificando e aplicando os procedementos adecuados para o seu tratamento consonte os obxectivos que se pretenden.

* Avalia-la potencialidade turística dos recursos naturais e culturais de zonas, rutas ou localidades de Galicia.

* Posuír unha visión global e coordinada dos procesos de creación de servicios ós que está vinculada a competencia profesional do título, aprehendendo a súa lóxica, comprendendo as dimensións técnica, organizativa, económica e humana da súa participación neles, e integrando os coñecementos científicos, tecnolóxicos e organizativos adquiridos.

* Avaliar diferentes estratexias de comercialización de productos e servicios turísticos, estimando as accións de comunicación que mellor se adaptan a situacións de mercado concretas e as peculiaridades de Galicia como destino turístico.

* Analizar, organizar e aplicar procedementos de planificación, organización e control dos servicios de información turística.

* Analiza-las distintas modalidades de prestación dos servicios de asistencia e guía turísticas, describindo e relacionando as principais funcións e os procedementos de traballo.

* Dominar estratexias de comunicación para transmitir e recibir información correctamente e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións no contorno de traballo como nas relacións cos clientes, expresándose de forma correcta, polo menos, en dúas linguas estranxeiras.

* Avalia-las características e comportamentos dos grupos humanos e aplicar técnicas de dinámica de grupos.

* Actuar utilizando con autonomía os coñecementos técnicos e o saber facer necesarios, e propondo melloras nos procedementos establecidos e solucións ás continxencias de traballo.

* Interpreta-los marcos legais, económicos, organizativos e laborais que regulan e condicionan as actividades profesionais do sector de hostalería e turismo, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais no contorno de traballo, así como os mecanismos e posibilidades de inserción profesional.

* Sensibilizarse e sensibiliza-los demais respecto dos efectos negativos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, propondo as medidas de previsión, prevención e protección adecuadas, e vixiando en todo momento a aplicación das normas de seguridade e hixiene.

* Analizar, adaptar e, se é o caso, xerar documentación técnica imprescindible para a mellor información, orientación e formación do persoal colaborador dependente.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión, que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Desenvolve-la iniciativa e o sentido da responsabilidade, a identidade e a madureza profesional que permitan propor melloras nos procedementos establecidos e solucións a continxencias non previstas, mellora-la calidade do traballo e a motivación cara ó perfeccionamento profesional, utilizando cun amplo grao de autonomía os coñecementos técnicos e o saber facer necesarios.

* Programar, organizar e participar en procesos e actividades realizables por equipos de traballo, para alcanzar obxectivos identificados entre os comúns do sector correspondente, tendo en conta os aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos, e establecendo as condicións de seguridade e calidade necesarias.

* Aproveita-las características e posibilidades persoais e do contorno para emprender e desenvolver, individual e colectivamente, proxectos empresariais propios das actividades de información e comercialización turísticas.

* Avaliar, definir e desenvolver procesos de control de calidade dos servicios prestados polas oficinas de información turística e os guías, identificando as súas características de calidade máis significativas.

* Identificar e definir estratexias para o desenvolvemento da actividade de guía local e guía correo de turismo en Galicia nos diferentes segmentos, explotando dun xeito polivalente tódolos recursos existentes para unha axeitada comercialización.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: deseño e comercialización de productos turísticos locais e rexionais:

Asociado á unidade de competencia 1: comercializar destinos e crear productos turísticos de base territorial.

Capacidades terminais elementais

* Analizar información do mercado turístico dunha zona ou localidade, no marco do mercado turístico galego, español e internacional, que permita determinar oportunidades de creación e desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

* Enumerar, caracterizar e interrelaciona-las principais variables que conforma a oferta e a demanda turísticas internacionais, españolas e galegas, con especial incidencia en zonas locais determinadas.

* Analiza-las motivacións da demanda turística internacional, española e galega e os factores sociais e económicos que inflúen na súa evolución.

* Describi-las funcións e relacións que teñen entre si as empresas, entidades e profesionais do sector de hostalería e turismo nos ámbitos internacional, español e galego, así como as súas relacións cos outros sectores da economía.

* Describi-lo proceso evolutivo do sector de hostalería e turismo, dende o punto de vista económico e laboral, en ámbitos locais determinados.

* Identificar, seleccionar e aplicar métodos cuantitativos de investigación de mercados turísticos, adecuados ás variables que se deben estudiar e caracteriza-las fontes de información turística máis relevantes.

* Seleccionar e adapta-los métodos de recolla de datos máis idóneos e as técnicas de tratamento da información.

* Identifica-los segmentos de mercado ós que se poden dirixir determinados e novos productos turísticos de base territorial, e interpreta-los resultados obtidos.

* Analiza-las peculiaridades do plan de marketing segundo o tipo de empresa ou entidade de comercialización turística.

* Avaliar e identifica-la potencialidade e o conxunto de recursos histórico-artísticos, culturais e naturais de zonas determinadas, con especial incidencia en puntos de interese turístico de Galicia.

* Definir criterios para valora-los recursos culturais e naturais e os servicios dispoñibles, atendendo á súa potencialidade turística, e interrelaciona-los criterios definidos e os recursos identificados.

* Selecciona-los recursos de natureza turística que mellor se adecuen as necesidades detectadas de mercado.

* Elaborar inventarios de recursos e de ofertas básicas e complementarias de servicios desta natureza, tanto actuais como potenciais, susceptibles de seren incluídos en productos turísticos de base territorial.

* Analizar e diferencia-las operacións de marketing operacional e o marketing de productos con respecto ó marketing de servicios.

* Xustifica-las fases de conceptualización, estructuración, comercialización e prestación na creación de calquera servicio, e da aplicación deste enfoque metodolóxico, ó deseñar e comercializar productos turísticos de base territorial.

* Deduci-las peculiaridades da aplicación do sistema de servucción ó desenvolver e estructurar productos turísticos para o destino.

* Defini-lo marketing operacional e caracteriza-las variables en que se basea: producto/servicio, prezo, comercialización, distribución e comunicación.

* Definir e describi-los distintos tipos de turismo, identificando as modalidades que se poden desenvolver en ámbitos locais galegos convenientemente caracterizados.

* Caracteriza-los compoñentes que integran os productos turísticos locais: recursos histórico-artísticos, culturais, naturais e xeo-turísticos en xeral, oferta básica de servicios turísticos e oferta complementaria de servicios desta natureza.

* Elaborar proxectos de creación e desenvolvemento de productos turísticos en ámbitos locais determinados de Galicia e defini-los compoñentes que caracterizan os referidos productos turísticos.

* Argumenta-las accións necesarias para o desenvolvemento de productos turísticos propios de Galicia, xustifica-la súa oportunidade e estima-la súa viabilidade.

* Aplica-la lexislación vixente de ámbito local, galego, español e europeo sobre urbanismo, protección do ambiente e ordenación turística, ó defini-los ditos productos turísticos.

* Argumentar estratexias de comercialización máis adecuadas, segundo o tipo de producto turístico en cuestión, e propo-la programación temporal das accións pertinentes para o desenvolvemento dos productos turísticos definidos.

* Avaliar, describir e analiza-las diferentes estratexias e medios de distribución do mercado turístico.

* Describir e valora-las diferentes estratexias de comunicación, e identificar cada unha das compoñentes do "mix de comunicación" das empresas de servicios.

* Describi-lo proceso secuencial de comunicación definindo os obxectivos de cada fase e asociar estratexias de comunicación determinadas ás peculiaridades dos productos e destinos turísticos locais en xeral.

* Xustifica-las relacións entre niveis, canles e instrumentos de comunicación en función do tipo de destino ou producto turístico local, obxectivos de comunicación, público obxectivo e medios humanos e económicos dispoñibles.

* Elaborar proxectos de comercialización de productos turísticos de ámbito local, partindo da información subministrada sobre eles.

* Identificar e interpreta-la normativa que regula a comercialización de productos e marcas.

* Xustificar e valora-la conveniencia de aplicar técnicas de marketing á xestión de persoal.

* Xustifica-la utilidade dos plans de marketing interno como programas integrables dirixidos ó equipo humano da organización e como instrumentos para alcanzar unha cultura organizativa orientada ó mercado.

* Estima-la utilidade dos manuais de empresa segundo o tipo de establecemento, área ou entidade do sector.

* Xustifica-la motivación, intercomunicación, delegación e personalización como aspectos clave para a posta en práctica dun programa de marketing interno.

* Exemplificar programas de marketing interno de datos proporcionados sobre hipotéticas empresas ou entidades do sector.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

O fenómeno turístico: evolución histórica e previsións futuras:

* Análise da orixe e evolución histórica do fenómeno turístico e das motivacións do turista.

* Valoración do feito turístico desde a perspectiva dos seus efectos económicos, culturais, sociopolíticos e ambientais.

* Análise xeopolítica do turismo.

* Determinación e caracterización das previsións acerca da evolución futura.

Mercado e sector turístico internacional, español e galego:

* Descrición e valoración da organización do sector.

* Análise do marco xurídico, económico e social.

* Identificación e asociación das administracións públicas competentes en materia de turismo de ámbito europeo, español, galego e local.

* Caracterización xeral da oferta e demanda turísticas internacionais:

-Recursos.

-Servicios.

-Equipamentos.

-Productos turísticos.

* Descrición das motivacións da demanda turística internacional.

* Valoración da estructura de comercialización no sector.

* Análise e caracterización da estructura do mercado turístico español en xeral e do galego e local en particular.

* Estudio da evolución do mercado turístico galego e identificación das oportunidades e ameazas.

* Análise da relación entre operadores turísticos e funcións que desenvolven.

* Identificación das profesións relacionadas directa e indirectamente co sector de hostalería e turismo.

* Xustificación da lóxica do proceso de creación e prestación dos servicios turísticos en función das súas fases e servicios xerados en cada unha delas.

Marketing turístico:

* Xustificación da necesidade do marketing no marco do sector de hostalería e turismo.

* Caracterización dos productos fronte ós servicios.

* Deducción das fases do ciclo de vida dun producto ou servicio.

* Diferenciación do marketing de productos con respecto ó marketing de servicios.

* Xustificación das fases de conceptualización, estructuración, comercialización e prestación na creación e desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

Investigación de mercados, planificación estratéxica e plan de marketing en hostalería e turismo:

* Valoración da importancia da investigación de mercados como instrumento de planificación no sector.

* Aplicación dos distintos tipos de investigación en función da clase de producto turístico local que se pretenda crear e desenvolver.

* Definición do posicionamento estratéxico fronte á competencia.

* Definición de públicos obxectivos para a definición de productos turísticos locais.

* Xustificación da utilidade do plan de marketing desde o punto de vista da planificación empresarial estratéxica.

* Análise da peculiaridades do plan de marketing segundo o tipo de empresa ou entidade de creación e desenvolvemento de productos turísticos locais.

O sistema de servucción no sector de hostalería e turismo:

* Identificación dos elementos para unha teoría da servucción.

* Integración do persoal no sistema de servucción.

* Estimación da sincronización interdepartamental para a aplicación da servucción nas empresas e entidades de información e comercialización turística.

* Xustificación da súa aplicación no sector dos servicios.

* Caracterización xeral da xestión das servuccións.

* Xestión da participación do cliente, do persoal de contacto e do soporte físico.

Marketing operacional e marketing mix no sector de hostalería e turismo:

* Definición e caracterización do marketing operacional e das variables en que se basea.

-Producto e servicio.

-Prezo.

-Comercialización.

-Distribución.

-Comunicación.

* Análise da relación entre forma específica de combinación das variables do marketing operacional (marketing mix) e tipo de producto turístico local e rexional.

* Análise das especificidades dos distintos instrumentos de comunicación segundo o tipo de producto turístico local e rexional.

* Localización e descrición de servicios de apoio á comercialización.

* Planificación e control de accións de comunicación.

* Organización de actos de promoción.

Recursos turísticos do contorno local:

* Xustificación das potencialidades do medio natural, do patrimonio histórico-artístico e das manifestacións culturais de carácter local e rexional dos recursos turísticos.

* Análise e aplicación das técnicas para a elaboración de inventarios turísticos e para a avaliación dos recursos turísticos.

Planificación territorial e turística:

* Identificación e interpretación da normativa urbanística da Unión Europea, España, Galicia e a corporación local correspondente, con especial incidencia na creación e desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

* Identificación e interpretación da normativa específica sobre turismo e protección de medio ambiente.

* Avaliación das estratexias de planificación turística.

* Identificación e interpretación da normativa galega e local sobre ordenación turística.

Creación e desenvolvemento de productos turísticos locais e rexionais:

* Análise comparativa e caracterización dos diferentes tipos de productos turísticos locais.

* Definición de públicos obxectivos para os productos turísticos locais.

* Execución dos procedementos necesarios para a definición, redefinición e desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

* Elaboración de proxectos de desenvolvemento de productos turísticos: oportunidade, viabilidade e plan de execución.

* Xestión de iniciativas turísticas.

O marketing interno nas empresas e entidades do sector de hostalería e turismo:

* Caracterización dos plans de marketing interno.

* Análise dos manuais de empresa e valoración dos seus obxectivos e peculiaridades.

* Deducción de aspectos clave para a posta en práctica dos programas de marketing interno.

* Elaboración de programas de marketing interno.

Contidos conceptuais

O fenómeno turístico: evolución histórica e previsións futuras:

* A orixe e a evolución histórica do fenómeno turístico.

* As motivacións do turista.

* Os efectos do fenómeno turístico.

* A política turística no ámbito territorial galego.

* Os condicionantes xeográficos para o desenvolvemento turístico.

* As previsións para o futuro do desenvolvemento turístico.

Mercado e sector turístico internacional, español e galego:

* A organización do sector.

* O marco xurídico, económico e social do sector.

* Os organismos públicos que interveñen na promoción turística local, autonómica, estatal e europea.

* Os elementos da oferta turística internacional.

-Recursos turísticos.

-Servicios e productos turísticos.

-Equipamentos e infraestructuras.

* As motivacións da demanda turística internacional.

* A estructura de comercialización no sector turístico.

* As características do mercado turístico local, autonómico e estatal.

* O concepto DAFO no mercado turístico galego.

* A evolución e previsión do mercado turístico en Galicia.

* As relacións entre os operadores turísticos e os informadores.

* As profesións relacionadas co sector turístico.

* A creación e prestación dos servicios turísticos.

O marketing turístico:

* O concepto de marketing.

* O marketing no sector de hostalería e turismo.

* Elementos do marketing -mix.

* O marketing e o producto turístico.

* Fases do ciclo de vida dun producto ou servicio.

* As fases para o desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

Investigación de mercado, planificación estratéxica e plan de marketing en hostalería e turismo:

* A investigación do mercado para a planificación no sector.

* Diferentes instrumentos que se utilizan na investigación do mercado en función do producto turístico local que se desenvolva.

* Posicionamento da empresa e do producto.

* Segmentos da demanda para a comercialización dun producto turístico concreto.

* O plan de marketing dentro da estratexia empresarial dun producto ou servicio turístico.

* Características do plan de marketing segundo o tipo de empresa, producto ou servicio turístico que se desenvolva en Galicia.

O sistema de servucción no sector de hostalería e turismo:

* Elementos da servucción.

* Os recursos humanos no sistema de servucción aplicable á información e á comercialización turísticas.

* As relacións interdepartamentais nas empresas do sector para o seu bo funcionamento.

* A integración do sistema de servucción no contorno productivo galego.

* Peculiaridades da aplicación do sistema de servucción para a creación e desenvolvemento de productos turísticos locais.

* Implicacións xerenciais.

* A participación do cliente, o persoal de contacto e o soporte físico.

Marketing operacional e marketing mix no sector de hostalería e turismo:

* As variables: producto ou servicio, prezo, comercialización, distribución e comunicación.

* As peculiaridades das variables implicadas no deseño e comercialización de productos turísticos.

* O marketing mix e tipos de productos locais e rexionais.

* As especificidades dos instrumentos de comunicación segundo o tipo de producto local ou rexional:

-Identidade corporativa.

-Marca.

-Publicidade e publicacións.

-Relacións públicas.

-Feiras turísticas.

-Encontros profesionais entre ofertantes de productos turísticos e organizadores de viaxes, e outros.

* Os servicios de apoio á comunicación.

* Os actos de promoción.

* A normativa reguladora da comercialización de productos e marcas.

Recursos turísticos do contorno local:

* As potencialidades do medio natural.

* O patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais locais e rexionais.

* O patrimonio histórico-artístico e as manifestacións culturais de Galicia.

* Os recursos turísticos de Galicia.

* Os inventarios turísticos.

Planificación territorial e turística:

* A normativa urbanística da Unión Europea, España, Galicia e os concellos, con especial incidencia na creación e desenvolvemento de productos turísticos de base territorial.

* O turismo e a protección do ambiente.

* A normativa específica de ambiente.

* As estratexias de planificación urbanística.

* A normativa galega e local sobre ordenación turística.

* Os instrumentos para a protección do medio natural e cultural e da propia actividade turística.

Creación e desenvolvemento de productos turísticos locais e rexionais:

* Os diferentes tipos de productos turísticos locais.

* Os públicos obxectivos para os productos turísticos locais en Galicia.

* Os productos turísticos de base territorial.

* Os proxectos de desenvolvemento de productos turísticos.

* As fases do ciclo de vida dun producto turístico local.

* As posibles iniciativas turísticas.

O marketing interno nas empresas e entidades do sector de hostalería e turismo:

* A utilidade e características dos plans de marketing.

* Os obxectivos e peculiaridades dos manuais de empresa segundo as características de organización.

* Aspectos clave dos programas de marketing interno.

Contidos actitudinais

Actitudes persoais asociadas á organización, o comportamento e o traballo:

* Interese por adquiri-las técnicas necesarias para a identificación das necesidades e esixencias dos diferentes tipos de clientes.

* Predisposición para obte-las habilidades necesarias para pór en práctica o deseño e a comercialización de productos turísticos locais e galegos.

* Valoración da importancia dos estudios estatísticos para realizar un eficaz estudio de mercado.

* Preocupación pola importancia dos custos no deseño, elaboración e comercialización dun producto turístico.

* Previsión de tódalas oportunidades, ameazas, fortalezas e debilidades na posta en marcha dun producto turístico.

Actitudes relacionantes asociadas á comunicación, ó traballo en grupo e ás relacións sociais:

* Sensibilización polas motivacións e percepcións da demanda turística no ámbito local e galego.

* Compromiso na consecución dos obxectivos marcados para transmitir calidade na comercialización dun producto turístico.

* Preocupación polas relacións interdepartamentais no ámbito dos CIT.

* Integración e adaptación en diferentes grupos de traballo para manter unha relación fluída e eficaz nas accións de comunicación.

* Predisposición para propor ideas propias que poidan servir para a mellora do deseño e comercialización dun producto turístico.

Actitudes persoais-relacionantes asociadas ó ambiente e a toma de decisións:

* Preocupación e sensibilización polo ambiente con vistas ó deseño e comercialización dun producto turístico en Galicia.

* Valoración dos costumes, folclore, gastronomía, artesanía e outros aspectos culturais galegos.

* Integración do patrimonio artístico-monumental galego no desenvolvemento do deseño e comercialización de productos turísticos.

* Rigor na planificación do tempo de traballo e na toma de decisións para o desenvolvemento do seu traballo.

* Coordinación cos demais membros da organización para o respecto na toma de decisións de cada un deles.

* Aceptación da necesidade de respectar e aplica-las normas urbanísticas e de ordenación turística como instrumentos para a protección do medio natural e cultural e da propia actividade turística.

3.2.2. Módulo profesional 2: asistencia e guía de grupos:

Asociado á unidade de competencia 2: asistir e guiar grupos turísticos.

Capacidades terminais elementais

* Analizar e distingui-las diferentes modalidades de actividade e enumera-las características dos servicios que se prestan, con atención á lexislación vixente.

* Analiza-los procesos e funcións da actividade de asistencia e guía ós grupos turísticos, mediante a descrición e o desenvolvemento das fases fundamentais e con atención ó tipo de servicio.

* Identificar, describir e interpreta-los documentos de viaxe máis usuais que achegan as axencias de viaxe e os medios de transporte.

* Enumerar e describi-las fontes de información turística, relacionándoas coa actividade de asistencia e guía turísticas en Galicia.

* Describi-los procesos e trámites habituais en aeroportos, estacións e medios de transporte, cando o guía asiste un grupo.

* Identificar e selecciona-las disposicións legais que afectan ó movemento de viaxeiros entre países e aduanas, destacando a vixente no ámbito da Unión Europea.

* Describi-las continxencias que habitualmente se producen no desenvolvemento da actividade, xustificando as medidas que se poden adoptar para evitalas e solucionalas.

* Identificar actividades complementarias posibles en Galicia, susceptibles de seren realizadas ou propostas por un guía, e sinala-los dereitos económicos do profesional nestes casos.

* Describi-las distintas empresas e entidades vinculadas ó sector de hostalería e turismo, explicando as súas estructuras organizativas e funcionais habituais e os servicios que prestan.

* Identificar, definir e analiza-las relacións de profesionais da asistencia e guía de grupos coas empresas profesionais do sector, tendo en conta a situación emerxente actualmente en Galicia.

* Determinar e confeccionar itinerarios turísticos nacionais, internacionais e especialmente de ámbito galego, e analiza-la súa viabilidade.

* Realizar propostas de diferentes servicios e actividades, en función das características dun determinado grupo e en determinadas rutas e destinos turísticos pola xeografía de Galicia, axustándose á temporalización establecida e xustificando a viabilidade do itinerario.

* Analiza-las características e o comportamento de diferentes grupos turísticos que habitualmente participan nas viaxes organizadas desde e cara a España e Galicia.

* Explica-los papeis e actitudes individuais que se poden encontrar entre membros dun grupo, identificando os problemas de relación que presentan e identificando as medidas de retroalimentación que se poden utilizar para axusta-las actividades ós comportamentos observables.

* Analizar técnicas de dinámica de grupos adecuadas a diferentes públicos turísticos e ó desenvolvemento da actividade de asistencia e guía turística.

* Relaciona-lo emprego de determinadas técnicas de dinámica de grupos coas fases de desenvolvemento dunha viaxe e as situacións que se poden crear no seo dun grupo.

* Analiza-las actitudes que o guía dun grupo debe manter ó longo dunha viaxe, relacionándoas coas diferentes situacións.

* Identificar e describi-las técnicas de comunicación verbal e non verbal propias da actividade, e as técnicas de motivación e liderado aplicables á asistencia e guía de grupos turísticos.

* Describi-las canles a través das que se pode ofrecer información a un grupo de viaxeiros, explicando as súas normas de uso e aplicacións.

* Realiza-la programación das explicacións informativas ofertadas en supostos de viaxes e visitas organizadas, expresándose oralmente, de forma directa ou con outros medios de amplificación, con ton, ritmo, volume de voz e expresión xestual adecuados á situación.

* Utiliza-lo protocolo de acollida e despedida adecuadas, no idioma preciso.

* Describir e relacionar recursos turísticos galegos con posibles actividades de guía, asistencia a grupos e información turística de carácter singular, emerxentes e viables.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

Tipoloxía e características da actividade de asistencia e guía de grupos:

* Análise e comparación dos diversos tipos de guía local: de monumentos, de parques e turismo verde, insular, provincial, rexional e outros.

* Análise e comparación dos diversos tipos de guía acompañante: en circuítos en autocar, en grandes viaxes e noutras modalidades.

* Definición e enumeración das funcións do transferista.

Lexislación sobre viaxeiros en tránsito e alfándegas:

* Identificación e interpretación de normas internacionais, comunitarias, estatais e galegas.

* Caracterización e diferenciación de divisas, prestacións e normativa internacional aplicable.

* Definición de seguros de viaxes.

* Enumeración das funcións de consulados e embaixadas e dos servicios que prestan.

Regulación da actividade profesional:

* Identificación e interpretación da lexislación europea, estatal e galega.

* Análise das relacións contractuais dos guías coas entidades contratantes.

Técnicas de programación de itinerarios turísticos e de planificación de visitas e circuítos:

* Xustificación dos elementos da programación.

* Descrición e aplicación da metodoloxía segundo os trazos e especificidades propias de Galicia.

* Interpretación e localización da información e documentación, e establecemento da súa aplicación.

* Identificación da documentación de viaxe.

* Organización do circuíto ou excursión.

O desenvolvemento dun circuíto ou excursión:

* Representación dun circuíto ou excursión e descrición dos diferentes momentos, intervalos, fases e secuencias.

* Establecemento dun plan de coordinación dos servicios.

* Análise e valoración das relacións coa axencia local e o touroperador ou organizador da viaxe.

* Deducción de métodos para organiza-lo tempo e controla-lo grupo.

* Identificación e cuantificación das peculiaridades da organización de actividades facultativas.

A asistencia e animación de grupos:

* Clasificación e caracterización da demanda turística.

* Clasificación e caracterización dos grupos turísticos.

* Análise do proceso de formación e caracterización dos grupos.

* Identificación dos comportamentos observables nun grupo, especialmente dos que visitan Galicia.

* Aplicación do liderado á conducta dos grupos.

* Definición de motivación turística e aplicación de técnicas de motivación e reforzo.

* Establecemento da diferenciación da animación turística da animación sociocultural.

* Aplicación das técnicas de asistencia e animación de grupos turísticos.

Técnicas de comunicación e habilidades sociais aplicadas á actividade:

* Definición e descrición dos elementos, tipos, técnicas de comunicación e habilidades sociais aplicadas á actividade.

* Valoración das etapas do proceso e da retroalimentación posible.

* Análise das barreiras e dificultades na comunicación.

* Aplicación de técnicas de comunicación e habilidades sociais específicas para a actividade de asistencia e guía de grupos turísticos.

* Identificación e selección de técnicas de interpretación: conferencia, pregunta-resposta, relatos, viaxes imaxinarias e outras.

* Deducción e tipificación dos problemas máis frecuentes.

Solución de problemas e toma de decisións no desenvolvemento da actividade:

* Identificación e análise de situacións conflictivas.

* Análise e desenvolvemento de procesos para a resolución de problemas.

* Planificación de toma de decisións en grupo.

* Aplicación práctica das queixas, dos imprevistos e das diferentes fases da toma de decisións.

A natureza e a arte como recursos turísticos:

* Identificación, clasificación, localización e caracterización da arte e o contorno.

* Explicación dos recursos culturais e naturais máis relevantes a nivel internacional e, de xeito máis concreto, no ámbito galego.

Contidos conceptuais

Tipoloxía e características da actividade de asistencia e guía de grupos:

* O guía turístico, características, peculiaridades, funcións e perfil profesional.

* As posibilidades do perfil en Galicia.

* Diversos tipos de guía local: de monumentos, de parques e turismo verde, insular, provincial, rexional e outras modalidades.

* Diversos tipos de guía acompañante: en circuítos en autocar, en grandes viaxes e noutras modalidades.

* Os transfer, o transferista e as súas funcións.

Lexislación sobre viaxeiros en tránsito e alfándegas:

* Normas internacionais, comunitarias, estatais e galegas sobre viaxeiros en tránsito e alfándegas.

* Divisas, cambio, continxentes e trámites alfandegarios.

* Os dereitos do viaxeiro.

* Os seguros de viaxe, as prestacións e a normativa internacional aplicable.

* Os consulados e embaixadas: funcións e servicios que prestan.

Regulación da actividade profesional:

* A lexislación europea, estatal e galega reguladora da actividade profesional.

* Os guías e as entidades contratantes dos seus servicios.

* A actividade profesional do guía-informador turístico en Galicia.

Técnicas de programación de itinerarios turísticos e de planificación de visitas e circuítos:

* Elementos da programación de itinerarios e da planificación de visitas e circuítos.

* A metodoloxía aplicable e os seus trazos con respecto ó desenvolvemento da actividade nas diferentes áreas turísticas da xeografía galega.

* A información e documentación para a programación de itinerarios e planificación de visitas e circuítos.

* A documentación de viaxe.

* Os aspectos que se terán en conta na preparación do circuíto ou excursión.

O desenvolvemento dun circuíto ou excursión:

* A presentación do circuíto ou excursión.

* A saída en avión e en autobús.

* Saída do hotel, chegada ó aeroporto de destino e chegada ó hotel.

* Os servicios e a súa coordinación.

* A natureza das relacións entre a axencia local, o tour-operador e o organizador da viaxe.

* Os métodos para organiza-lo tempo e controla-lo grupo.

* As peculiaridades na organización de actividades facultativas.

A asistencia e animación de grupos:

* A demanda turística e a súa tipoloxía.

* Os grupos turísticos e as súas peculiaridades.

* O proceso de formación dos grupos.

* Os diferentes comportamentos que se poden observar nun grupo.

* O liderado: concepto, teorías e enfoques. O liderado na conducción dos grupos.

* As técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* A motivación turística. Principais teorías da motivación e reforzo. A motivación dos grupos que visitan Galicia.

* A animación dos grupos en ruta.

* A animación turística e a animación sociocultural: trazos diferenciadores.

Técnicas de comunicación e habilidades sociais aplicadas á actividade:

* Elementos e tipos de comunicación.

* As etapas do proceso e a retroalimentación.

* As dificultades e barreiras na comunicación.

* A comunicación como xeradora de comportamentos.

* As relacións públicas e o protocolo.

* Técnicas de comunicación e habilidades sociais específicas na asistencia e guía de grupos.

* A conferencia, pregunta resposta, relatos, viaxes imaxinarias e outras.

* Os problemas máis frecuentes na interpretación.

Solución de problemas e toma de decisións no desenvolvemento da actividade:

* As situacións conflictivas.

* Os procesos para a resolución de problemas e a toma de decisións.

* As fases na toma de decisións.

* Os imprevistos e a súa xestión.

* As queixas e as obxeccións e reclamacións.

A natureza e a arte como recursos turísticos:

* A arte e o contorno.

* A arte no contorno das diferentes zonas, rutas, itinerarios e comarcas de Galicia.

* A metodoloxía para explica-los recursos culturais e naturais máis importantes de España e, especialmente, os tipicamente galegos.

Contidos actitudinais

Actitudes persoais asociadas á organización, ó comportamento e ó traballo:

* Preocupación pola boa planificación, organización e desenvolvemento da actividade de información turística e asistencia a grupos.

* Constancia e rigor na información facilitada ó grupo e na súa obtención.

* Compromiso coas actitudes características da actividade de guía e no traballo cara ó público.

* Interese por transmitir unha boa imaxe do contorno, da zona obxecto da actividade e da empresa ou entidade contratante.

Actitudes relacionais asociadas á comunicación, ó traballo en grupo e ás relacións sociais:

* Consciencia do que significa un bo estado de empatía na comunicación e información turísticas e na actividade de acompañamento e asistencia ó grupo.

* Esforzo por promove-la toma de decisións en grupo e por acepta-los costumes e as peculiaridades no comportamento dos clientes e dos membros da empresa.

* Constancia no desenvolvemento de estratexias e habilidades de comunicación e venda do producto turístico.

* Cooperación nas diferentes actividades que se levan a cabo en combinación con outros membros da empresa na que realiza a actividade profesional ou con outros provedores de partes do servicio ofertado.

Actitudes persoais e relacionais asociadas ó ambiente e á toma de decisións:

* Respecto polo ambiente na proxección e desenvolvemento da actividade profesional.

* Consciencia da toma de decisións con respecto ó grupo turístico que informa ou acompaña, con criterios de prudencia e psicoloxía.

* Esforzo por capta-la primeira impresión e sensibilidade polas necesidades dos diferentes tipos de grupos turísticos.

* Comportamento curioso na procura de novas posibilidades na actividade de guía e asistencia a grupos, con respecto a posibilidades e recursos actuais emerxentes.

3.2.3. Módulo profesional 3: información turística en destino:

Asociado á unidade de competencia 3: xestionar servicios de información turística.

Capacidades terminais elementais

* Obter, clasificar e procesar información de interese sobre o contorno para satisface-las demandas de información turística dos clientes.

* Atende-las peticións dos visitantes e residentes para cubri-las súas necesidades de información.

* Proporcionarlles asesoramento e axuda ós visitantes en relación con aspectos derivados da actividade turística.

* Avalia-la planificación turística da zona de actuación para determina-lo ámbito funcional e territorial do centro de información turística.

* Recoller e analiza-la demanda actual e potencial do servicio de información, para adaptala ó servicio do establecemento.

* Determinar un procedemento de control de calidade na prestación do servicio de información.

* Elaborar orzamentos de operacións, axustándose ós recursos dispoñibles.

* Establecer un proceso de seguimento axeitado ó orzamento da oficina.

* Realiza-los cálculos necesarios para comproba-lo nivel de cumprimento dos obxectivos económicos e detectar posibles desviacións.

* Establecer un procedemento de difusión da información para activa-la súa utilización por parte dos usuarios potenciais.

* Establecer unha forma de organizar e xestiona-lo almacén que permita unha rápida localización temática e idiomática dos productos.

* Organizar e distribuí-lo persoal segundo os programas previstos.

* Establecer contactos con outros centros de información para intercambiar datos e compartir tarefas.

* Distribuí-lo espacio e o horario da oficina en función da súa tipoloxía e os servicios que presta.

* Atender reclamacións dos usuarios de forma eficaz utilizando as canles axeitadas para a súa resolución.

* Rexistra-las consultas e reclamacións presentadas na forma e procedementos máis axeitados.

* Informar en galego, en español e nalgún idioma estranxeiro, sobre os aspectos máis sobresalientes do patrimonio turístico en Galicia.

* Guia-los turistas nos desprazamentos polo territorio galego, motivando o seu interese polos aspectos culturais, históricos e patrimoniais.

* Planificar, organizar e levar a cabo actividades de diversión e animación para grupos de turistas en Galicia, resaltando os valores e características do contorno onde se realicen.

* Atender, informar e asesorar nas súas posibilidades o visitante en feiras, exposicións e congresos celebrados en Galicia.

* Organizar protocolos nas reunións e actos sociais desenvolvidos en pazos de congresos, exposicións e convencións que teñan lugar no ámbito autonómico.

Contidos (duración 135 horas)

Contidos procedementais

O servicio de información turística:

* Clasificación e tipoloxías.

* Utilización das instalacións e previsión de dotacións dun CIT.

* Organización e clasificación das funcións dun CIT.

* Resolución de problemas que se poidan presentar na constitución dun CIT.

* Xestión das oficinas ambulantes e temporais.

* Análise das relacións con outras actividades e empresas turísticas.

* Definición das fontes de financiamento.

* Xestión dos CIT na UE.

* Promoción dos servicios propios dos CIT.

* Tratamento da propaganda.

* Rexistro dos espectáculos, feiras, exposicións e conferencias orixinados na área de actuación ou influencia dun CIT.

* Control dos resultados publicitarios.

Intervención da Administración pública na normativa turística:

* Identificación das diferentes normas e regulamentación que afectan a un CIT como empresa.

* Clasificación das normativas turísticas que regulan as diferentes administracións.

* Análise comparativa da normativa da Unión Europea, cos regulamentos para o exercicio de actividades turístico-informativas en España e na Comunidade Autónoma de Galicia.

* Descrición das diferentes regulamentacións que afectan á profesión de guías de turismo.

* Tratamento das subvencións concedidas polas diferentes administracións para o desenvolvemento da actividade turística en Galicia.

* Análise da actuación de promoción de Turgalicia para o coñecemento dos recursos turísticos de Galicia dentro e fóra desta Comunidade Autónoma.

* Análise comparativa da situación de promoción de Turespaña en relación coa oferta turística do conxunto das comunidades autónomas e en relación coa información e comercialización turísticas máis procedente segundo os recursos existentes en cada zona.

As fontes de información turística:

* Identificación e valoración das diferentes fontes de información.

* Deseño de publicacións e manuais que recollan información turística.

* Deseño e formalización de documentos internos.

* Tratamento da información.

* Xestión dos arquivos.

* Control da correspondencia.

* Actualización da información.

Información, orientación e asistencia turística:

* Clasificación das obrigas e atribucións do informador turístico.

* Desenvolvemento das técnicas de acollida e habilidades sociais do informador turístico.

* Desenvolvemento das técnicas de protocolo e de imaxe persoal.

* Análise das tipoloxías de clientes.

* Xestión de circuítos.

Xestión administrativa:

* Confección de informes.

* Clasificación dos diferentes seguros de viaxes.

* Tratamento das reclamacións e denuncias en empresas turísticas.

* Xestión de visados.

* Clasificación das diferentes formas de pagamento.

* Xestión da documentación bancaria.

* Confección e control estatístico do movemento turístico.

Ofimática aplicada:

* Manexo das ferramentas e programas informáticos e de comunicación nos CIT.

* Aplicación dos sistemas de distribución informatizados (CRS) ou sistemas globais de distribución (GDS).

* Busca de información a través de bancos e bases de datos.

* Creación de bases de datos para a súa utilización na xestión eficaz interna e externa do CIT.

Contidos conceptuais

O servicio de información turística:

* Tipoloxías de servicios.

* Instalación e dotacións dun CIT.

* As funcións dun CIT e a súa organización.

* Problemas que presentan os CIT.

* Servicios dun CIT.

* As oficinas ambulantes e temporais.

* Relacións con outras actividades e empresas turísticas.

* Formas de financiamento.

* Os CIT na Unión Europea.

* Promoción dos servicios propios dos CIT.

* Propaganda xeral ou colectiva e de minorías ou especial.

* Propaganda de atracción e de información.

* Propaganda impresa.

* O cartel e o slogan turístico.

* Propaganda radiofónica.

* Anuncios aéreos.

* Propaganda luminosa e de estrada.

* Espectáculos musicais tradicionais e folclóricos.

* Exposicións e feiras.

* Conferencias culturais turísticas.

* Promoción por correo.

* Concursos.

* Control de resultados publicitarios.

Intervención da Administración pública na normativa turística:

* Normas xerais.

* Normas relativas á constitución e funcionamento de empresas turísticas.

* Normas relativas ó crédito turístico.

* Normas relativas á organización da Administración en materia de turismo.

* Normas relativas a ensinanzas e profesións turísticas.

* Normas relativas á ordenación do solo.

As fontes de información turística:

* Publicacións e guías de viaxes:

-Publicacións científicas.

-Manuais que recollan información sobre provedores de servicios turísticos.

-Publicacións técnicas profesionais.

-Publicacións dirixidas ó público en xeral.

-As guías de viaxes.

* O proceso documental e a recuperación de documentos.

* Identificación e valoración das fontes de información.

* Bancos e bases de datos.

* Sistemas de arquivo.

* Catalogación e análise documental.

* Actualización da información.

Información, orientación e asistencia turística:

* Obrigas e atribucións do informador turístico.

* Técnicas de acollida e habilidades sociais aplicadas ó servicio de información turística.

* Técnicas de protocolo e imaxe persoal.

* Tipoloxías de clientes.

* Factores e motivacións que inciden na demanda.

* Comportamentos sociolóxicos dos clientes.

* Programación de circuítos.

* Xestións que se realizan con anterioridade a un circuíto.

* A protección do consumidor en España e na UE. Dereitos do consumidor.

* Reclamacións e denuncias nas empresas turísticas.

Xestión administrativa:

* Os documentos internos utilizables para a confección de informes.

* Seguros de viaxes.

-O seguro turístico.

-O seguro obrigatorio de viaxeiros (SOV).

-O seguro de automóbiles.

-Outras pólizas que se poidan subscribir.

* Tratamento administrativo de reclamacións e queixas.

* Custos e beneficios dos CIT.

* Visados.

* As formas de pagamento utilizadas:

-Moeda estranxeira.

-Cheques Traveller's.

-As tarxetas de crédito.

-O pay later plan.

-Letras de crédito e transferencias.

* Efectos das alteracións nos tipos de cambio.

* Documentación bancaria.

* A medición e control do turismo internacional.

* Recomendacións sobre as estatísticas do turismo.

* Control estatístico do movemento turístico.

Ofimática aplicada:

* Informática aplicada ós centros de información turística.

* Automatización dos servicios da información turística.

* Os sistemas de distribución informatizados (CRS) ou sistemas globais de distribución (GDS).

* Os bancos e bases de datos: a súa creación e utilización.

Contidos actitudinais

Actitudes persoais asociadas á organización, ó comportamento e ó traballo:

* Predisposición para a cooperación e tolerancia na xestión dos servicios dun CIT.

* Compromiso co mantemento e coidado das instalacións e dos equipos.

* Preocupación e interese por se documentar e informar sobre o traballo que se vai realizar antes da súa execución.

* Constancia na execución das tarefas e predisposición para actuar con iniciativa e resolver situacións imprevistas.

* Actitude positiva ante a formulación de supostas queixas ou reclamacións dos clientes.

Actitudes relacionantes asociadas á comunicación, ó traballo en grupo e ás relacións sociais:

* Atención e preocupación polas técnicas de comunicación e habilidades sociais relacionadas coas situacións propias do contorno das actividades dos CIT.

* Interese pola participación en tarefas ou traballo en grupo.

* Sensibilización polos diferentes hábitos e costumes da demanda turística.

* Valoración das esixencias legais e sociais sobre os servicios dos CIT.

* Integración no contorno de traballo manifestando unha actitude de cooperación en tarefas de grupo.

Actitudes persoais/relacionantes asociadas ó medio ambiente e a toma de decisións:

* Preocupación e sensibilización polo medio ambiente para o desenvolvemento da actividade turística en Galicia.

* Valoración dos costumes e cultura autóctonas galegas, comunicándolle-los seus coñecementos neste campo ós visitantes.

* Compromiso no logro dos obxectivos preestablecidos, cooperando na súa consecución e tratando de supera-las dificultades.

* Predisposición para o papel de líder para levar a cabo a súa iniciativa persoal na prestación do servicio.

* Compromiso para sensibiliza-lo grupo sobre o respecto ó ambiente no desenvolvemento dunha actividade turística.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 4: productos e destinos turísticos nacionais e internacionais:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las motivacións da demanda do mercado turístico español, identificando as variables que orientan os cambios nestas motivacións.

* Analiza-los principais productos e destinos turísticos do mercado español e do internacional.

* Relaciona-la oferta turística española coa motivación e demanda de productos noutras áreas do turismo mundial.

* Relaciona-la oferta turística galega coa motivación e demanda de productos noutras comunidades autónomas españolas.

* Elaborar productos turísticos galegos atendendo ás esixencias dos demandantes españois e internacionais.

* Elaborar productos turísticos españois atendendo á tipoloxía dos turistas que visitan España.

* Deseñar programas para a promoción de zonas con potencial desenvolvemento turístico segundo os recursos de que dispón.

* Seleccionar destinos turísticos españois tendo en conta o comportamento sociolóxico dos turistas neste estado.

* Describi-los métodos da planificación turística acordes coa ordenación básica, recursos e características da zona.

* Localiza-los destinos turísticos máis relevantes tanto en España coma no resto do mundo, valorando a súa posible evolución a curto prazo.

* Aplica-lo marketing turístico para promove-lo desenvolvemento de destinos turísticos galegos e españois cos estándares de rendibilidade esperados.

* Confeccionar arquivos de recursos turísticos nos que basearse para o deseño de productos, caracterizados conforme a súa aplicación.

* Deseñar productos turísticos galegos partindo dos recursos naturais, históricos, monumentais, relixiosos, gastronómicos e folclóricos de Galicia.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

España como producto turístico:

* Valoración do posicionamento turístico de España no continente europeo.

* Identificación dos mercados turísticos consumidores do producto español.

* Descrición dos diferentes medios de transporte utilizados para acceder ó territorio español.

* Localización dos destinos turísticos españois máis demandados.

* Análise da oferta turística española comparada coa doutras áreas rexionais do turismo mundial.

* Tratamento da información estatística relacionada coa oferta e a demanda turística en España.

* Utilización destas estatísticas para analiza-las tendencias actuais e futuras da demanda.

* Análise comparativa da oferta e a demanda das diferentes comunidades autónomas españolas.

* Análise comparativa da oferta e a demanda das diferentes zonas turísticas actuais e potenciais en Galicia.

* Utilización dos diferentes índices económicos para avalia-la incidencia do turismo nas economías das comunidades autónomas.

A planificación turística:

* Control estratéxico da planificación territorial.

* Valoración e desenvolvemento das infraestructuras turísticas.

* Análise do efecto turismo no ambiente.

* Definición dos espacios naturais protexidos.

* Definición de recursos turísticos e a súa avaliación.

Desenvolvemento dos destinos turísticos:

* Análise da planificación sociolóxica e ecolóxica do destino.

* Descrición da participación dos diferentes organismos na explotación turística das comunidades autónomas.

* Identificación e clasificación das etapas do desenvolvemento do destino.

* Elaboración dunha relación das infraestructuras xerais e turísticas do destino.

* Valoración da imaxe do destino.

Explotación dos destinos turísticos:

* Descrición do mercado para a súa utilización na viabilidade económica do destino.

* Relación do índice de ocupación cos recursos e infraestructuras turísticas para a previsión das necesidades de emprego.

* Utilización dos diferentes modelos de investimento segundo o mercado potencial.

O marketing turístico institucional:

* Clasificación dos obxectivos dos diferentes entes públicos relacionados co turismo.

* Descrición das estratexias empregadas polos organismos públicos nas diferentes comunidades autónomas.

* Valoración e xestión das axudas, subvencións, créditos e premios outorgados polas diferentes administracións.

* Análise da promoción do turismo receptivo.

Destinos turísticos internacionais:

* Localización das áreas turísticas intercontinentais.

* Comparación cuantitativa da oferta turística mundial.

* Relación das tipoloxías da demanda nas áreas turísticas do ámbito internacional.

Destinos turísticos especializados:

* Descrición de destinos turísticos internacionais segundo a diversificación da demanda.

* Clasificación dos destinos turísticos internacionais segundo a súa situación xeográfica, climática, histórica e cultural.

* Valoración da arte no turismo.

Productos turísticos españois e mundiais segundo os medios de transporte:

* Clasificación dos productos turísticos tendo en conta os medios de transporte utilizados.

* Descrición de rutas turísticas alternativas nacionais.

Contidos conceptuais

España como producto turístico:

* A posición estratéxica de España nas latitudes mediterráneas do continente europeo.

-A proximidade xeográfica ós mercados consumidores.

-A accesibilidade do seu territorio.

-A diversificación do seu espacio turístico.

* A oferta turística española.

-En relación con outros espacios ou áreas rexionais do turismo mundial.

-Polo índice de utilización das instalacións.

-Polo impacto espacial e social da oferta.

* Aspectos máis significativos da demanda.

-Volume e procedencia dos turistas.

-Efectos comparativos da demanda.

-O comportamento sociolóxico en España.

-Tendencias actuais da demanda.

-A importancia do turismo español.

-A preponderancia do turismo internacional.

* A oferta turística en España.

-Os compoñentes da oferta.

-As rexións turísticas.

* O potencial turístico das comunidades autónomas, con especial incidencia en Galicia.

-A oferta e demanda rexionais e o seu estudio comparativo.

-A procedencia da demanda e as súas repercusións.

* O turismo na economía das comunidades autónomas, con especial incidencia en Galicia.

A planificación turística:

* A estratexia da planificación.

* A ordenación do territorio.

* As infraestructuras.

* O medio ambiente e o desenvolvemento turístico.

* Os espacios naturais protexidos.

* Outros recursos turísticos.

Desenvolvemento dos destinos:

* Urbanización do terreo.

* Planificación sociolóxica e ecolóxica.

* Participación da Administración na explotación turística das comunidades autónomas.

* Etapas do desenvolvemento.

* Compoñentes do desenvolvemento.

-Transportes.

-Hoteis e outros aloxamentos.

-Comercios e servicios.

* Imaxe dun destino.

Explotación dos destinos turísticos:

* O papel do analista do mercado e do analista económico.

* Equilibrio entre o número de prazas de aloxamento e o número de turistas.

* Previsión das necesidades de emprego.

* Modelos de investimento.

O marketing turístico institucional:

* Obxectivos de Turgalicia e de Turespaña.

* Estratexias de promoción.

* Concesión de axudas, subvencións, créditos e premios.

* Promoción do turismo receptivo.

Destinos turísticos internacionais:

* O tráfico turístico no Atlántico norte.

* Outras correntes intercontinentais.

* O turismo na área europea: zona británica, escandinava, centroeuropea, occidental, do leste e mediterránea.

* O turismo na área norteamericana.

* América central e América do sur.

* África como destino turístico.

* Asia meridional.

* Asia oriental e o Pacífico.

* Illas do Pacífico.

Destinos turísticos especializados:

* Praias frías, calmas e quentes.

* A tendencia ás illas.

* O turismo de montaña.

* Lagos e encoros turísticos.

* Xeografía do termalismo.

* A natureza e o turismo: lugares pintorescos, reservas e parques naturais.

* Lugares pintorescos.

* As cidades, as vilas e outros núcleos turísticos.

Productos turísticos españois e mundiais segundo o medio de transporte:

* Grandes rutas históricas terrestres europeas.

* Trens turísticos.

* Cruceiros marítimos, fluviais e lacustres.

* Rutas a pé.

* Rutas a cabalo.

* Rutas en bicicleta.

Contidos actitudinais

Actitudes persoais asociadas á organización, ó comportamento e ó traballo:

* Rigor en organiza-lo propio traballo e as tarefas colectivas.

* Responsabilidade no traballo encomendado.

* Interese pola formación e actualización permanente en cuestións relacionadas co seu traballo.

* Aceptación das normas de comportamento no traballo.

* Preocupación pola evolución e resultados da empresa.

* Compromiso na execución do seu propio traballo e responsabilidade cos resultados obtidos.

Actitudes relacionantes asociadas á comunicación, ó traballo en grupo e ás relacións sociais:

* Sensibilización por manter unha actitude de diálogo e debate, e por se facer entender polos demais.

* Respecto por outras opinións, ideas ou conductas.

* Participación activa nas tarefas colectivas integrándose nun grupo de traballo e achegando ideas propias.

* Valoración do traballo en equipo para o desenvolvemento máis eficaz de certas actividades.

Actitudes persoais/relacionantes asociadas ó ambiente e á toma de decisións:

* Preocupación polo impacto turístico no ambiente.

* Sensibilización polos recursos naturais e o seu sustento.

* Actitude de decisión para dirixi-las actuacións dos demais segundo as normas establecidas dentro do seu ámbito de competencia.

* Identificación de problemas asociados ó departamento no que desenvolve o seu traballo e das estratexias adoptables para a súa resolución.

3.3.2. Módulo profesional 5: lingua estranxeira (inglés):

Capacidades terminais elementais

* Transferi-la información dunha comunicación en lingua estranxeira dun código escrito a un oral e viceversa.

* Transferir dun código escrito a un oral, e viceversa, a información que se debe comunicar en lingua estranxeira.

* Interpreta-la información pedida ou expresada polo interlocutor en lingua estranxeira de forma presencial, telefónica ou escrita, tendo en conta o contexto e a situación.

* Aplica-las estratexias comunicativas na descodificación dos aspectos esenciais das mensaxes procedentes do contorno profesional.

* Producir mensaxes orais na lingua estranxeira en diversas situacións relacionadas co ámbito da actividade profesional interpretando e transmitindo a información con adecuación, cohesión e coherencia empregando a terminoloxía profesional e a léxica máis usuais.

* Producir mensaxes escritas, co léxico preciso e os aspectos formais esixidos á normativa e o protocolo de cada país, relacionados coas operacións do contorno profesional.

* Comunicarse oralmente en lingua estranxeira, de forma ordenada, coherente e eficaz, nas situacións relacionadas coa actividade profesional.

* Selecciona-la lectura pertinente (sintética, ampla e parcial) dunha formación recibida para desenvolver unha acción ou unha tarefa profesional proposta.

* Redactar na lingua propia unha traducción que ofreza os grandes trazos e as condicións específicas dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Traducir detalladamente á lingua propia textos en lingua estranxeira relacionados co contorno profesional, tendo en conta a terminoloxía específica e a axuda das técnicas de traducción asistida e automatizada de textos.

* Resolver de forma autónoma os problemas de comprensión e de expresión relacionados cos contidos lingüísticos e comunicativos do contorno profesional.

* Respecta-las actitudes e comportamentos socioculturais e de protocolo do país estranxeiro ó que se dirixe a comunicación oral ou escrita, no marco das relacións internacionais.

* Valora-la importancia da lingua como vehículo de comunicación e entendida no ámbito das relacións comerciais internacionais, da tecnoloxía, da cultura e do coñecemento.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral:

* Comprensión de mensaxes orais procedentes de fontes diversas.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:

-Selección e baldeirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira.

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira.

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos claves da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* A negociación na lingua estranxeira.

-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.

-Intercambio de opinións.

-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Peche e acordos.

Comunicación escrita:

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira.

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do texto.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais:

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral:

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá.

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto laboral.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións de uso frecuente e idiomáticos no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

* A atención presencial e/ou telefónica: interpretación, adaptación, cohesión do discurso, recursos.

Comunicación escrita:

* Elementos formais e estructura dos textos escritos.

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás diferentes situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Principios e características máis relevantes do discurso escrito.

-Proporcionar tódolos datos relevantes evitando a ambigüidade.

-Elementos de cohesión no discurso.

* Traducción directa e inversa de textos propios do contorno profesional: proceso, estructura e coherencia.

* Redacción de cartas e comunicacións no contexto profesional, fórmulas de tratamento persoal, estructura e cohesión sintáctica.

* Terminoloxía específica do sector.

Aspectos socioprofesionais:

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Formas de expresión nas funcións comunicativas orais e escritas.

* Normativas internacionais de uso nas relacións internacionais de ámbito profesional: léxico, formulismos e expresións.

Contidos actitudinais

Comunicación oral:

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valora-la capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso da aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

* Esforzo por ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.

Comunicación escrita:

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións comerciais.

Aspectos socioprofesionais:

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progresar e adaptarse ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.3. Módulo profesional 6: segunda lingua estranxeira:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los elementos máis importantes dunha información oral ou escrita en lingua estranxeira segundo as diversas situacións de comunicación da vida cotiá e da vida profesional para obter informacións globais e específicas.

* Identifica-los elementos básicos e máis utilizados da linguaxe específica do sector en textos profesionais a partir das necesidades comunicativas do alumnado.

* Emprega-las estratexias comunicativas adecuadas e o contexto persoal e profesional, lingüístico e non lingüístico, para aumenta-la comprensión escrita e oral.

* Comprender e producir mensaxes orais en lingua estranxeira en situacións diversas de comunicación: habituais, persoais e profesionais.

* Utiliza-la linguaxe necesaria para reproducir opinións, sintetizar ideas e ofrecer información de tipo xeral.

* Redactar textos escritos sinxelos en lingua estranxeira en función dunha actividade concreta.

* Traducir ó idioma materno textos sinxelos en lingua estranxeira relacionados coas necesidades e intereses socioprofesionais do alumnado.

* Amplia-lo coñecemento e información propios do sector profesional a partir da lectura comprensiva de textos profesionais.

* Ofrecer explicacións e instruccións básicas do contorno profesional en función do contexto e das normas de protocolo.

* Identifica-los aspectos fundamentais do ámbito sociocultural propio de cada país e valorar criticamente outras maneiras de organiza-las relacións persoais e profesionais.

* Aprecia-la riqueza que representa a variedade de hábitos culturais dos distintos países da lingua estranxeira incorporándoos ás relacións persoais e profesionais.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Comunicación oral:

* Comprensión de mensaxes orais relacionadas con situacións tanto da vida cotiá coma do contorno profesional.

* Interpretación das mensaxes: distinción entre datos e opinións, intencionalidade do falante, identificación dos elementos relevantes nas mensaxes atendendo ós distintos códigos (verbal, xestual, icónico).

* Obtención de información profesional en lingua estranxeira:

-Selección e baleirado das fontes de interpretación.

-Ordenación da información.

-Elaboración en lingua estranxeira.

-Presentación e emisión en lingua estranxeira.

* Comunicación presencial en lingua estranxeira:

-Recepción e saúdo.

-Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

-Selección das formas de comunicación e de cortesía.

-Captación do obxectivo da situación comunicativa.

* Comunicación telefónica en lingua estranxeira:

-Identificación do interlocutor.

-Inferencia dos aspectos clave da mensaxe.

-Deducción do sentido da mensaxe.

-Formulación de preguntas tendo en conta as convencións de cortesía propias da lingua estranxeira.

-Obtención de información complementaria para dar resposta á demanda de información.

-Selección das estratexias de relación e do estilo comunicativo.

-Emisión da mensaxe e/ou información.

-Síntese da mensaxe recibida.

* A negociación na lingua estranxeira:

-Análise dos intereses de ámbalas dúas partes.

-Diagnóstico da situación.

-Fixación dos obxectivos da operación profesional.

-Identificación das normas de tratamento e de protocolo.

-Adaptación da linguaxe, estilo e contido.

-Intercambio de opinións.

-Producción e presentación de novas alternativas ou propostas.

-Peche e acordos.

Comunicación escrita:

* Análise do contido dun documento en lingua estranxeira.

* Interpretación do léxico específico.

* Consulta da normativa regulamentaria e dos soportes de traducción.

* Obtención da información pertinente.

* Comprobación dos datos, expresións e formulismos.

* Producción de textos en lingua estranxeira:

-Concreción da finalidade do escrito en lingua estranxeira.

-Organización da información e das ideas do escrito.

-Elección da información para producir un texto en lingua estranxeira.

-Preparación dun borrador do deseño formal do texto.

-Redacción dun texto tendo en conta as características propias de cada documento.

-Revisión e corrección convencional e informatizada dos textos.

* Traducción directa e inversa de textos relacionados coa actividade profesional, identificando os elementos e as relacións do texto.

Aspectos socioprofesionais:

* Análise dos aspectos socioculturais relevantes nos países onde se fala a lingua estranxeira.

* Introducción das convencións de cortesía do país estranxeiro.

* Emprego contextualizado das normas de tratamento e protocolo.

* Utilización dos coñecementos adquiridos para interpretar mensaxes presentes no propio medio.

Contidos conceptuais

Comunicación oral:

* Funcións habituais na interacción comunicativa cotiá:

-Descrición.

-Narración.

-Explicación.

-Argumentación no contexto profesional.

* Expresividade oral: fonoloxía, fonética, acentuación, entoación e prosodia.

* Vocabulario referente a termos profesionais.

* Expresións e frases idiomáticas máis frecuentes no ámbito socioprofesional.

* Fórmulas básicas de interacción socioprofesional.

* Estratexias.

Comunicación escrita:

* Elementos formais e estructura dos textos escritos:

-Presentación, ortografía, signos de puntuación, normas gramaticais e discursivas.

-Comunicación axeitada ás distintas situacións e contextos.

-Fórmulas de cortesía.

* Traducción directa e inversa de textos propios do ámbito profesional atendendo ó proceso, estructura e coherencia.

* Terminoloxía do sector.

Aspectos socioprofesionais:

* Cultura e sociedade dos países cos que se manteñen comunicacións en lingua estranxeira.

* Regras e hábitos en situacións da vida cotiá: horarios, actividades habituais, papeis sociais.

* Convencións e pautas de cortesía.

* Interrelacións entre a comunicación oral, escrita, icónica e xestual.

Contidos actitudinais

Comunicación oral:

* Interese por solucionar dificultades de comprensión e/ou expresión no desenvolvemento dunha mensaxe en lingua estranxeira.

* Autonomía en busca-la forma de interpretar, expresar e descodifica-la información.

* Valoración da capacidade de expresarse oralmente na lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento entre as persoas.

* Superación das dificultades, admitindo que os erros forman parte do proceso de aprendizaxe e aproveitando os recursos lingüísticos.

* Interese en participar nas distintas situacións de comunicación posibles.

* Constancia en busca-la significación de vocabulario, expresións idiomáticas e formulismos que se usan no contexto profesional do tráfico internacional.

* Respecto e seguimento das normas do protocolo profesional.

* Respecto polas mensaxes emitidas polo(s) noso(s) interlocutor(es).

* Esforzo en ser rigoroso na interpretación e producción de mensaxes.

Comunicación escrita:

* Curiosidade e interese polas ideas manifestadas nos textos en lingua estranxeira.

* Rigor na interpretación, producción e revisión de textos.

* Capacidade de esforzo por buscar ou completa-la información ante as dificultades de comprensión dos textos escritos en lingua estranxeira.

* Interese por introducir novas posibilidades expresivas nas comunicacións e nas traduccións.

* Recoñecemento da capacidade de comprender globalmente un texto escrito sen necesidade de entender tódolos seus elementos.

* Busca da fórmula máis adecuada na presentación da comunicación no contexto das relacións profesionais.

Aspectos socioprofesionais:

* Curiosidade e respecto polas ideas, as normas e os costumes que establecen outros países con relación ó tráfico internacional.

* Tratamento non discriminatorio nas comunicacións a diferentes axentes do país ou estranxeiros na comunicación presencial, telefónica ou escrita.

* Seguridade na capacidade persoal de progreso e adaptación ás situacións comunicativas.

* Valoración do enriquecemento persoal que supoñen as relacións profesionais cos outros países.

* Cooperación cos compañeiros na organización, xestión e realización de tarefas de aprendizaxe da lingua estranxeira.

* Transferencia das tecnoloxías e procesos de traballo propios do contorno profesional no medio das comunicacións en lingua estranxeira.

3.3.4. Módulo profesional de proxecto integrado:

Duración: 80 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Identificar, diferenciar e integrar, nas actividades de información, guía e comercialización turística que se realicen ou se desenvolvan, os coñecementos científicos, tecnolóxicos e organizativos, teóricos e prácticos, adquiridos.* Argumenta-la importancia da integración de tódolos contidos dos diferentes módulos, para a iniciación dun informe en grupo, que recolla ordenadamente as fases que se seguirán.
* Presenta-las diferentes propostas e debatelas na aula.
* Comprende-lo sector dos CIT dentro do ámbito de Galicia e as súas características diferenciadoras dentro do mercado español e mundial.
* Comprender e asimila-las distintas actividades e perfís profesionais das ocupacións implicadas no desenvolvemento da actividade de información e comercialización turísticas.
* Debater na aula o mercado turístico actual en Galicia, tendo en conta os recursos naturais, históricos e culturais, estimando a súa potencialidade.
* Deseñar solucións para paliar aspectos que melloren a actividade no sector en Galicia.
* Expo-lo informe e debatelo na aula.

2.Integrar ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxías, técnicas e procesos que se desenvolven nas diferentes actividades productivas dos CIT, así como posuír unha visión global e coordinada dos procesos de creación de servicios ós que está vinculada a competencia do título.* Describi-la actividade empresarial e identifica-los factores de producción que interveñen nos procesos.
* Analiza-los factores desencadeantes, internos e externos, que conflúen na creación dun CIT.
* Diferenciar entre fins, obxectivos e sub-obxectivos da actividade empresarial.
* Distingui-los aspectos principais da función do empresario e argumenta-la súa vinculación co risco e co poder de decisión.
* Defini-lo proxecto empresarial e construí-la súa estructura básica.
* Elabora-los aspectos mercantís, laborais, fiscais, municipais e da Administración turística para a constitución da empresa en concreto.
* Deseña-los distintos departamentos ou unidades de producción integrados na empresa.
* Planifica-lo proceso productivo dos diferentes departamentos indicando os equipos, material e maquinaria empregados para o desenvolvemento das actividades dos CIT.
* Coa axuda da lexislación específica en Galicia correspondente ós CIT, levar a cabo un estudio sobre os trámites que se deben seguir para a súa constitución.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Averigua-las posibles axudas económicas dos diferentes organismos oficiais e privados para a realización do proxecto.

3.Levar a cabo unha investigación de mercado que facilite a elección da forma empresarial, o emprazamento do CIT e a súa comercialización.* Identifica-las fontes de información máis axeitadas para a obtención de datos relativos ó estudio de mercado, e extrapolar, a través de métodos estatísticos, previsións de vendas.
* Realizar estudios estatísticos sobre o movemento de turistas chegados a Galicia nos últimos tres años.
* Elaborar unha clasificación das tipoloxías dos turistas dependendo da súa procedencia xeográfica, nivel económico, nivel cultural, idade, profesión, etc.
* Analiza-las diferentes motivacións e expectativas dos turistas chegados a Galicia.
* Confeccionar unha segmentación do mercado na actualidade para deseña-los productos que a demanda solicita.
* Analiza-lo posible emprazamento do CIT dentro do contorno productivo de Galicia.

4.Deseñar de forma individual, e con capacidade innovadora e creativa, un plan de marketing específico para un producto turístico, e desenvolver con iniciativa e autoestima a cualificación que en cada momento lle demande a evolución da competencia profesional.* Crear un plan de marketing indicando e caracterizando os seguintes aspectos:

-Slogan.

-Nicho de mercado.

-Productos competidores.

-Diferenciación do noso producto.

-Negociación e contratación cos posibles provedores dentro do contorno de Galicia.

5.Elaborar un plan de comercialización para o referido producto e adapta-la formación adquirida ás dispoñibilidades e necesidades do contorno socio-productivo, desenvolvendo a polivalencia funcional e técnica que precisa a evolución da competencia e do contorno profesional das actividades de información e comercialización turística.* Coñece-lo ciclo de vida dun producto e diferencia-los tipos existentes de productos.
* Diferencia-los principais medios para a canalización e distribución do producto.
* Facer un plan de promoción e publicidade do producto.
* Crear un folleto turístico para o lanzamento do producto.

6.Levar a cabo un orzamento da xestión e administración da posta en marcha da empresa e consolida-las actitudes vinculadas ás capacidades profesionais de organización do traballo, de resposta ás continxencias, de cooperación e relación co contorno e de responsabilidade e autonomía.* Analiza-los diferentes tipos de custos.
* Distingui-los principais aspectos que interveñen na formación de prezos e deduci-lo prezo óptimo dun producto para a empresa.
* Avalia-las diferentes políticas de descontos aplicables.
* Analiza-las posibles vendas, tendo en conta a nosa clientela potencial.
* Calcula-lo límite de rendibilidade de acordo co suposto formulado.
* Facer un estudio de viabilidade económica do proxecto.

7.Analiza-lo control de calidade previsto mediante a utilización da documentación correspondente, unha vez desenvolvido o servicio, así como programar, organizar e dirixir procesos e actividades por equipos ou grupos de traballo, para alcanzar obxectivos identificados entre os comúns no sector correspondente.* Deseñar e preparar unha enquisa para o cliente.
* Avalia-las diferentes respostas dos clientes na enquisa.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Toma-las posibles medidas correctoras para mellora-lo producto e fomenta-la fidelidade no cliente.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realizar tarefas de apoio que se deriven do estudio do mercado turístico dunha zona ou localidade concreta.* Obter datos de fontes de información secundarias sobre o mercado turístico.
* Utilizar informes e publicacións tanto internas coma externas á empresa.
* Busca-la información adecuada deseñando e aplicando diferentes técnicas instrumentais.
* Analiza-la información recollida mediante a utilización dos métodos adecuados: técnicas estatísticas, análise de probabilidades, contraste de hipóteses, etc.
* Identificar e clasifica-los recursos turísticos dunha zona ou localidade, atendendo á súa natureza (recursos naturais, culturais, folclóricos, etc.) e á súa potencialidade turística.
* Identificar e clasifica-la oferta turística, atendendo á infraestructura básica (accesos, abastecementos, transportes, etc.) e á infraestructura turística (aloxamentos, servicios de restauración, oferta recreativa, etc.).
* Colaborar na análise da información recollida a través da utilización dos métodos anteriores.
* Identifica-la demanda actual e potencial da zona en estudio.

2.Asesorar e deseñar productos turísticos galegos.* Achegar suxestións para o desenvolvemento de productos turísticos e para a mellora dos xa existentes.
* Identificar e clasifica-las axudas existentes por parte das diferentes administracións: de apoio económico e de xestión para a posta en marcha de iniciativas turísticas.
* Analiza-las subvencións locais, autonómicas e estatais.
* Diferencia-los programas europeos de desenvolvemento rexional.
* Colaborar nos estudios de viabilidade económica, técnica e financeira para o desenvolvemento de productos turísticos e mellora dos xa existentes.
* Defini-los parámetros que se deben estudiar para avalia-la calidade dos productos deseñados.
* Colaborar no seguimento do desenvolvemento do producto deseñado.

3.Colaborar na comercialización dun producto ou destino turístico galego.* Preparar accións de comercialización do producto segundo a política da empresa.
* Realiza-lo estudio de custos das accións comerciais.
* Preparar e desenvolver accións de comercialización dun determinado producto turístico en galego, español e nunha lingua estranxeira.

4.Planifica-lo acompañamento dun grupo nunha visita ou viaxe organizada.* Identifica-las características e posibilidades da ruta ou visita e recompilar información útil referente ós lugares que se vaian visitar.
* Comprobar que dispón da documentación requirida para a viaxe.
* Deseñar un modelo de cupón-resposta para facer un seguimento da prestación do servicio.

5.Realizar, acompañar e atende-los grupos en transfer e visitas locais.* Confirmar que tódolos compoñentes do grupo dispoñan da documentación e identificación referida.
* Acoller, acompañar e informa-lo grupo correctamente, intentando en todo momento que o grupo se sinta seguro, informado e atendido.
* Obter, a través do cuestionario deseñado, as opinións dos viaxeiros acerca do servicio prestado.
* Desagregar e analiza-los criterios de interese referentes á calidade do servicio.
* Elaborar un informe do servicio onde se reflicta: o cumprimento da programación establecida, as posibles desviacións, as solucións adoptadas e o nivel de satisfacción dos compoñentes do grupo.
* Levar a cabo as accións necesarias no acompañamento a grupos, utilizando, se é o caso, unha lingua estranxeira.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

6.Atende-las necesidades de información e asistencia dos usuarios dun CIT.* Asesora-los viaxeiros nas situacións máis habituais de solicitude de información.
* Utilizar diferentes medios de comunicación (teléfono, fax, carta, etc.), utilizando soportes documentais adecuados á demanda da información.
* Atender adecuadamente os casos de presentación de reclamacións, informando dos dereitos do usuario e asesorando nas accións que cómpre emprender para a presentación dunha reclamación, e rexistrando as consultas e reclamacións debidamente.
* Cumpri-los documentos requiridos para a xestión administrativa do CIT.
* Levar a cabo a xestión do almacén, clasificando e arquivando por productos os diferentes materiais informativos de acordo co sistema establecido, clasificando e arquivando os documentos administrativos do CIT, e controlando os stocks mínimos dos materiais arquivados co fin de solicitalos no tempo requirido.

7.Actuar conforme os criterios de seguridade e hixiene no exercicio das actividades inherentes ó posto de traballo.* Aplica-las normas e procedementos de seguridade e hixiene no desenvolvemento das distintas actividades, tanto as recollidas na normativa específica coma as particulares establecidas polo CIT.
* Identifica-los riscos asociados ás instalacións e equipos da empresa.
* Toma-las medidas máis adecuadas para a prevención de accidentes no posto de traballo.

8.Comportarse de forma responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais da empresa na área ou departamento de destino.* Incorporarse puntualmente ó posto de traballo, dispondo dos descansos permitidos e non abandonando a actividade antes do establecido sen motivos debidamente xustificados e comunicados ás persoas responsables.
* Interpretar e executar con dilixencia e iniciativa as instruccións recibidas, e responsabilizarse do traballo asignado, comunicándose eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.
* Observa-los procedementos e normas internas de relacións laborais establecidas para o centro de traballo.
* Mostrar en todo momento unha actitude de respecto á estructura de mando da empresa.
* Axustarse ás normas e procedementos técnicos establecidos, participando nas melloras de calidade e productividade.
* Aceptar positivamente as consideracións e observacións que se fagan sobre a actitude demostrada e tarefas desenvolvidas.
* Demostrar un bo facer profesional, cumprindo os obxectivos e tarefas asignadas na orde de prioridade e con criterios de productividade e eficacia no traballo.
* Realizar, se procede, o relevo obtendo toda a información dispoñible do antecesor e/ou transmitindo a información sobresaliente derivada da súa permanencia no posto de traballo.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Interpreta-los datos da estructura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

* Analiza-lo tecido empresarial de Galicia comparándoo co doutras comunidades autónomas.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias del.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

Principios de economía:

* Lectura e interpretación, de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Analiza-las causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas, como nas empresas.

Economía e organización da empresa:

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Principios de economía:

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa:

* A empresa: tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

* Funcionamento económico da empresa:

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración positiva da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo:

Na admisión de alumnos en centros sostidos con fondos públicos a este ciclo formativo, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Artes.

-Humanidades e ciencias sociais.

* O expediente académico do alumno no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

-Historia da arte.

4.2. Profesorado:

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de información e comercialización turísticas:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Deseño e comercialización de productos turísticos locais e rexionaisHostalería e turismoProfesor de ensino secundario

2Asistencia e guía de gruposHostalería e turismo

Intervención sociocomunitaria

Profesor de ensino secundario

Profesor de ensino secundario

3Información turística en destinoHostalería e turismoProfesor de ensino secundario

4Productos e destinos turísticos nacionais e internacionaisHostalería e turismoProfesor de ensino secundario

5Lingua estranxeira (inglés)InglésProfesor de ensino secundario

6Segunda lingua estranxeira(1)Profesor de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

(1) Alemán, francés, italiano ou portugués en función do idioma elixido.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título

son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Hostalería e turismo-Diplomado en turismo

Intervención sociocomunitaria-Mestre, en tódalas súas especialidades

-Diplomado en educación social

-Diplomado en traballo social

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais

-Diplomado en relacións laborais

-Diplomado en traballo social

-Diplomado en educación social

-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de información e comercialización turísticas require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m65%

Aula de xestión90 m60 m35%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios:

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Información turística en destino.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Asistencia e guía de grupos.

* Información turística en destino.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios:

* Diplomado en ciencias empresariais.

* Diplomado en turismo.

4.5. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

160Deseño e comercialización de productos turísticos locais e rexionais

135Asistenica e guía de grupos

135Información turística en destino

80Productos e destinos turísticos nacionais e internacionais

130Lingua estranxeira (inglés)

130Segunda lingua estranxeira

80Proxecto integrado

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.