Obxecto: contratación de servicios de hostalería (limpeza, lavandería e alimentación), durante os campamentos de verán 2000, no centro de vacacións da Lanzada.
Tipo de licitación: fíxase en 12.771.290 ptas. IVE incluído.
Plicas: durante quince días naturais contados a partir do anuncio no BOP.
Fianzas: a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.
Información: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra, teléfono: 986 80 41 01.
Pontevedra, 12 de maio de 2000.
O presidente
Rubricado
O secretario
Rubricado

