Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 24 de maio de 2000 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 20 de marzo de 2000, da Dependencia de Recadación de Badaxoz, de notificación de providencia de constrinximento.

De conformidade co disposto nos artigos 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1¿ da Lei 66/1997, do 30 de decembro, polo presente edicto faise saber que téndose intentado a notificación ós interesados ou ós seus representantes sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, por medio do presente anuncio ponse de manifesto que se atopan pendentes de practica-las seguintes notificacións:

-Relación de debedores con notificacións pendentes: os incluídos na relación adxunta.

-Procedemento que motiva as notificacións: procedemento administrativo de constrinximento.

-Órgano responsable da súa tramitación: órganos de recadación desta delegación.

Os debedores incluídos na relación adxunta, ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer, co obxecto de que se practique a notificación pendente, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na unidade de recadación de calquera das oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria nesta provincia, sitas en:

-Don Benito: Alonso Martín, 16.

-Mérida: praza de Santa María, 5.

-Zafra: avenida Antonio Chacón, s/n.

-Badaxoz: Paseo de San Francisco, 17.

Os debedores que citados polo presente anuncio non comparezan en por si ou polos seus representantes debidamente acreditados, no prazo fixado con anterioridade, entenderansen notificados para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Badaxoz, 20 de marzo de 2000.

Ana Mª Fernández-Deza Álvarez

Xefa adxunta da Dependencia de Recadacción de Badaxoz

ANEXO

Datos do contribuínte.

B06017958.

Extremadura Express, S.L.

R/ Adriano, 7. Mérida.