Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 79, do martes, 25 de abril de 2000, é necesario face-la seguinte corrección:
-Na páxina 6.656, dentro do anexo II, punto 5 (contía das axudas), onde di: «A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto», debe dicir: «A contía das axudas concedidas poderá acadar como máximo ata un 70% dos gastos necesarios para a consecución dos resultados finalistas obxecto do proxecto no caso de investigación básica, e ata un 45% no caso de que se trate de investigación aplicada e desenvolvemento. Para tal efecto poderanse incluílos custos seguintes:».

