De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción ó artigo 26 e) da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación persoal.
O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 0201021083 da Caixa Pontevedra O.P. de Vigo, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa firme. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na r/ Germán Adrio Sobrido, 6-baixo en Pontevedra.
Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.
Malia o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da citada lei, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, pode formular recurso de alzada ante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que se presente, a resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.
Pontevedra, 25 de abril de 2000.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente: 366, 367, 368, 369-1999.
Denunciada: Beatriz Gómez Iglesias.
Enderezo: r/ Conde, 45, Baiona.
Establecemento: Café Bar As Ondas.
Sanción: 10.000 ptas. c/u. Total: 40.000 ptas.
Nº de expediente: 373, 374, 375, 376-1999.
Denunciado: José Mª Nicolao Amorín.
Enderezo: r/ Ventura Misa, 40, Baiona.
Establecemento: Café Bar Carpe Diem.
Sanción: 10.000 ptas. c/u. Total: 40.000 ptas.
Nº de expediente: 371, 372-1999.
Denunciado: Juan José Pousa Comesaña.
Enderezo: r/ Ventura Misa, Baiona.
Establecemento: Café Bar Chimpate.
Sanción: 10.000 ptas. c/u. Total: 20.000 ptas.
Nº de expediente: 475, 476, 477-1999.
Denunciado: José A. Gonzalo Pombal.
Enderezo: r/ General Franco, 22, Baiona.
Establecemento: Discoteca Niu Port.
Sanción: 50.000 ptas. c/u. Total: 150.000 ptas.
Nº de expediente: 243, 244, 245, 393, 394, 395, 396, 397-1999.
Denunciado: Períigueme, CB.
Enderezo: r/ Xeneral Franco, 1, Baiona.
Establecemento: Café Concierto Persígueme.
Sanción: 15.000 ptas. c/u. Total: 120.000 ptas.
Nº de expediente: 398, 399, 400, 401, 402, 403, 404, 405, 406, 407, 408-1999.
Denunciado: Persígueme, CB.
Enderezo: r/ Xeneral Franco, 1, Baiona.
Establecemento: Café Concierto Persígueme.
Sanción: 50.000 ptas. c/u. Total: 550.000 ptas.

