Contratación por concurso aberto polo trámite de urxencia para a execución da obra de reforma da praza do Gaiteiro de Soutelo, 1ª fase.
Obxecto: execución das obras de reforma da praza do Gaiteiro de Soutelo, 1ª fase.
Orzamento: 13.312.676 pesetas.
Garantías:
-Provisional: 266.254 pesetas.
-Definitiva: o equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.
Prazo de execución: 2 meses.
Información: Concello de Forcarei (secretaría).
Proposicións: poderanse presentar no Concello de Forcarei ata as 14 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP de Pontevedra.
Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
Forcarei, 16 de maio de 2000.
Francisco Rozados Rivas
Alcalde tenente

