De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificada polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítanse os interesados que figuran neste anuncio, para que no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pasen a retirar, persoalmente ou mediante representante, as notificacións correspondentes na Dependencia de Recadación da Delegación da AEAT na Coruña, sita na rúa Comandante Fontanes, 10, 15003 A Coruña.
Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.
Procedemento: procedemento administrativo de constrinximento. (Recadación). (Emisión 00.21.11.003).
Interesados: Rodríguez Rodríguez, Ángel.
CIF/DNI: 46570251N.
Procedemento: procedemento administrativo de constrinximento. (Recadación).
(Emisión 00.11.11.003).
Interesados: Metálica Coruñesa, S.A.
CIF/DNI: A15012909.
A Coruña, 3 de maio de 2000.
Carlos Revenga Portela
Xefe da Dependencia de Recadación da Coruña

