Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de maio de 2000 pola que se modifica parcialmente a do 29 de marzo de 2000 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos da Baña, Boimorto, Boiro, Curtis, Irixoa, A Laracha, Mesía, Moeche, Negreira, Oza dos Ríos e As Pontes de García Rodríguez (provincia da Coruña).

Mediante a orde desta consellería do 29 de marzo de 2000, publicada no DOG nº 71, do 11 de abril, determinouse, entre outros, a toponimia oficial dos concellos de Curtis e As Pontes de García Rodríguez.

Os escritos remitidos polos respectivos concellos aconsellaron revisa-lo dictame da Comisión de Toponimia respecto de dúas entidades destes concellos.

En consecuencia, tendo en conta o dictame emitido pola Comisión de Toponimia na súa sesión do 26 de maio de 2000, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Modifica-la Orde do 29 de marzo de 2000 pola que se determinan os nomes oficiais dos topónimos que se relacionan, pertencentes ós concellos da Baña, Boimorto, Boiro, Curtis, Irixoa, A Laracha, Mesía, Moeche, Negreira, Oza dos Ríos e As Pontes de García Rodríguez (DOG nº 71, do 11 de abril), no sentido seguinte:

1. No concello de Curtis, na parroquia de Santa María de Lurdes (Santa María), onde di:

Nome oficialNome que figuraba no nomenclátor

Estación, ACURTIS-ESTACION

Debe dicir:

Nome oficialNome que figuraba no nomenclátor

CurtisCURTIS-ESTACION

2. No concello das Pontes de García Rodríguez, na parroquia das Pontes de García Rodríguez (Santa María), onde di:

Nome oficialNome que figuraba no nomenclátor

Pontes, AsPONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS)

Debe dicir:

Nome oficialNome que figuraba no nomenclátor

Pontes de García Rodríguez, AsPONTES DE GARCIA RODRIGUEZ (AS)

Disposición adicional

Do establecido nesta orde daráselles coñecemento ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública