Unidade de Medicina Nuclear (Ourense).
Un médico especialista en medicina nuclear. Ref. MNO:
Licenciado en medicina e cirurxía, especialidade de medicina nuclear.
Licencia de supervisor de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de supervisores de instalacións radioactivas.
Terase en conta tese de doutoramento e publicacións ou traballos relacionados coa especialidade de medicina nuclear.
Experiencia mínima dun ano, nun posto de traballo análogo, en unidades de medicina nuclear.
Un ATS/DUE. Ref. AMNO:
Título de ATS/DUE.
Licencia de operador de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de instalacións nucleares.
Experiencia mínima dun ano en unidades de medicina nuclear.
Dous técnicos en medicina nuclear. Ref. TMNO:
Titulación de técnico especialista en medicina nuclear ou en radioloxía.
Licencia de operador de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de instalacións nucleares.
Experiencia mínima dun ano en unidades de medicina nuclear.
Un auxiliar sanitario. Ref. ASMNO:
Título de graduado escolar. Valorarase a formación complementaria.
Experiencia en tarefas de apoio a actividades asistenciais, en hospitais ou clínicas, durante un período mínimo de tres anos. Valorarase a experiencia en unidades de medicina nuclear.
Un auxiliar administrativo. Ref. ADMNO:
COU, FP II ou análogo. Valorarase formación específica e complementaria.
Experiencia mínima de tres anos en postos administrativos e/ou secretarías, dos que polo menos un sexa en centros hospitalarios.
Sección de Terapia Metabólica, Unidade de Medicina Nuclear (Vigo).
Un médico especialista en medicina nuclear. Ref. MNTM:
Licenciado en medicina e cirurxía, especialidade de medicina nuclear.
Licencia de supervisor de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de supervisores de instalacións radioactivas.
Experiencia mínima dun ano en unidades de medicina nuclear con terapia metabólica.
Un ATS/DUE. Ref. ATM:
Título de ATS/DUE.
Licencia de operador de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de instalacións nucleares.
Un auxiliar de clínica. Ref. AXCTM:
Título de auxiliar de clínica.
Licencia de operador de instalacións radioactivas e/ou curso de capacitación de instalacións nucleares.
Unidade de Radiofísica e Protección Radiolóxica (Vigo).
Un xefe da unidade de radiofísica e protección radiolóxica. Ref. XRF:
Título homologado de especialista en radiofísica hospitalaria.
Experiencia acreditada como físico no sector hospitalario, desenvolvendo funcións como radiofísico como mínimo 5 anos.
Curso superior de protección radiolóxica en instalacións médicas.
Experiencia acreditada en postos de responsabilidade en unidades de radioterapia como mínimo 3 anos.
Experiencia acreditada na posta en marcha de instalacións radioactivas de segunda categoría e técnicas especiais.
Valoraranse: coñecementos de inglés no nivel de conversación. Cursos de formación, congresos e estadías no ámbito da radiofísica hospitalaria. Experiencia docente no ámbito da radiofísica hospitalaria.
Un radiofísico hopitalario. Ref. RFRF:
Título homologado de especialista en radiofísica hospitalaria.
Valoraranse: experiencia en radioterapia, medicina nuclear, radiodiagnóstico e protección radiolóxica. Outras titulacións en disciplinas científicas e tecnolóxicas. Coñecementos de inglés.
Dous técnicos en protección radiolóxica. Ref. TERRF:
Título de técnico especialista ou superior en radioterapia.
Valoraranse: experiencia en servicios de radiofísica e protección radiolóxica. Formación complementaria en protección radiolóxica e radiofísica. Dispoñer de máis dun título académico en radioterapia, medicina nuclear e radiodiagnóstico.
Un auxiliar administrativo. Ref. ADRF:
COU, FP II ou análogo.
Experiencia mínima de dous anos en postos administrativos e/ou secretarías, dos que polo menos un sexa en centros hospitalarios.
Valoraranse: formación específica e complementaria. Experiencia en servicios de protección radiolóxica. Coñecementos de inglés e informática.
Unidade de Oncoloxía Radioterápica (Vigo).
Un médico especialista en oncoloxía radioterápica. Ref. MRTP:
Licenciado en medicina e cirurxía, coa especialidade de oncoloxía radioterápica.
Curso de capacitación de supervisores de instalacións radioactivas.
Experiencia en braquiterapia alta taxa, simulación virtual e planificación 3D.
Un técnico especialista en radiodiagnóstico. Ref. TER1RTP:
Título homologado de técnico especialista en radiodiagnóstico.
Experiencia no manexo do TC helicoidal.
Experiencia en servicios de radiodiagnóstico dotados con simulación virtual.
Dous técnicos superiores en radioterapia. Ref. TERTP:
Título homologado de técnico superior en radioterapia.
Valorarase coñecementos en aceleradores lineais, simulación virtual, dosimetría e/ou obradoiro de moldes.
Un ATS. Ref. ATSRTP:
Título homologado de ATS/DUE.
Experiencia en radioquirófano e/ou servicios de radioterapia. Valorarase a experiencia en braquiterapia alta taxa.
Área de Consultoría (Santiago de Compostela).
Un auxiliar administrativo. Ref. ADCO:
Titulación de FP II ou análogo. Imprescindible dominio do galego e do paquete informático Microsoft Office. Valoraranse coñecementos de inglés falado e escrito.
Experiencia mínima dun ano en postos administrativos, e polo menos de seis meses en empresas vinculadas ó sector sanitario.
Estructura central.
Un responsable de sistemas de información. Ref. RSEC:
Titulación universitaria superior, principalmente enxeñeiro superior en informática ou telecomunicacións. Valoraranse estudios de especialización de xestión empresarial.
Coñecementos de planificación estratéxica de sistemas de información, tecnoloxías informáticas, mercado de software e hardware.
Coñecementos específicos en: sistemas operativos Unix e Windows NT. Bases de datos relacionais, Oracle 8. Deseño e xestión de redes de área local e área extensa. Protocolos de rede TCP/IP. Experiencia no desenvolvemento de Intranets. Ferramentas de xestión de rede.
Valorarase: participación en proxectos relacionados con sistemas de información aplicados á área médica ou hospitalaria. Coñecementos da ferramenta de xestión Navision.
Experiencia mínima de 2 anos dentro do mundo das tecnoloxías da información realizando labores de deseño, dirección e coordinación de proxectos.
Un administrativo informático. Ref. IEC:
Título FP II técnico especialista en informática de xestión ou análogo.
Dominio do sistema operativo Windows NT, Unix e Novell, do paquete ofimático Microsoft Office 97, Windows 95/98 e da base de datos SUMMIT.
Dominio do inglés.
Experiencia mínima de catro anos no manexo de aplicacións informáticas e administración de redes, e polo menos de dous en empresas vinculadas á xestión sanitaria.
Unidade Técnica de Protección Radiolóxica (Santiago de Compostela).
Un xefe de protección radiolóxica. Ref. FXPR:
Licenciado en ciencias físicas coa especialidade de radiofísica hospitalaria.
Formación preferente a través de organismos oficiais en materia de protección radiolóxica (por exemplo Curso Superior de Protección Radiolóxica de CIEMAT ou Curso Superior de Instalacións de Radiodiagnóstico).
Experiencia en protección radiolóxica hospitalaria.
Un técnico especialista en radiodiagnóstico. Ref. TERPR:
Título homologado de técnico especialista en radiodiagnóstico.
Experiencia en servicios de protección radiolóxica hospitalaria.
Unidade de Diagnóstico por Imaxe (Vigo).
Un auxiliar administrativo. Ref. ADDI:
Titulación de FP II ou análogo. Imprescindible dominio do galego e do paquete informático Microsoft Office. Valoraranse coñecementos de inglés falado e escrito.
Experiencia mínima de dous anos en postos administrativos, e polo menos dun ano en empresas vinculadas ó sector sanitario.
Unidade de Recuperación de Cirurxía Cardíaca (Vigo).
Dous ATS/DUE a tempo parcial (fins de semana e festivos). Ref. ATSCC:
Título homologado de ATS/DUE.
Experiencia en unidades de coidados intensivos ou reanimación. Valorarase especialmente a experiencia en coidados intensivos específicos de cirurxía cardíaca.
Un auxiliar de clínica a tempo parcial (fins de semana e festivos). Ref. AXCC:
Título homologado de auxiliar de clínica.
Experiencia como auxiliar de clínica en unidades de coidados intensivos ou reanimación. Valorarase a experiencia en coidados intensivos específicos de cirurxía cardíaca.
Unidade de Cardioloxía Intervencionista (Vigo).
Un ATS/DUE. Ref. ATSCI:
Título homologado de ATS/DUE.
Experiencia mínima de tres anos en servicios especiais, coidados intensivos ou servicios de cardioloxía.
Procedemento de selección:
Valoración dos méritos (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).
Presentación de solicitudes:
Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ó Instituto Galego de medicina Técnica, Praza Europa, portal 5 A, 6º B, 15703 Santiago de Compostela.
Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos, e do título mínimo esixido para cada convocatoria.
Inicio das probas:
As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique esta convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.
Íñigo Álvarez Canoa
Director xerente do Instituto Galego
de Medicina Técnica

