De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador simplificado 32048/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.
O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación, efectúe as actuacións preliminares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións coide convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertindo á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.
Expediente: 32048/2000.
Inculpado: Control Gas, S.C.
Enderezo: r/ Xoán XXIII, nº 8, oficina 9, Ourense.
Motivo: reclamación. Realizada a inspección de instalación de gas, non entregan certificado.
Data do inicio: 28-3-2000.
Ourense, 11 de maio de 2000.
Antonio Aguarón Turrientes
Xefe do Servicio Provincial de Ourense

