Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARNOTA

EDICTO.

Edicto polo que se anuncia o contrato de asistencia técnica para levar a cabo diversas actuacións en materia de mantemento catastral urbano relativo a alteracións de orde física e económica e tramitación dos seus expedientes para que a Xerencia Territorial poida efectua-la súa alta no padrón de IBI (actualización e conservación do catastro urbano do municipio de Carnota).

1. Órgano de contratación: Concello de Carnota (A Coruña).

2. Obxecto do contrato: traballos de actualización e conservación do catastro urbano do municipio de Carnota.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación: tramitación alta urbana (902) 7.000 ptas./ U.U.

Unidades estimadas máximas ano 2000: 600.

Concepto orzamentario para o exercicio do 2000: 432-470.00.

5. Prazo de execución e entrega: catro (4) meses.

Programa de traballo: para presentar no prazo de quince días desde a notificación da adxudicación definitiva do contrato.

6. Lugar de entrega: Concello de Carnota.

7. Valoración dos traballos: por prezos unitarios unidade catastral urbana/ 7.000 ptas.

8. Garantías: provisional: exento. Definitiva: 200.000 ptas.

9. Prazo de garantía: un ano.

10. Modelo de proposición económica e de sobres: achégase ó expediente.

11. Prazo de presentación documentación: trece días a partir da última publicación no DOG-BOP.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Carnota, 5 de xuño de 2000.

Manuel Noceda Lamela

Primeiro Tenente de alcalde