Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día da data acordou:

1. Aprobar definitivamente o estudio de detalle e o proxecto de compensación promovidos por instancia de Vector Plus, S.L., comprensivo dos predios 15, 16, 13-1, 31-2 e 37 de Montouto-Cacheiras, de 2.455,60 m de superficie total, clasificados como solo URTA nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento do concello.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de Urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 10 de maio de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde