Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.025

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización da parcelación de predios en Cabo Estai (expediente 4104/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 18 de novembro de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da prolongación da estrada de Cabo Estai, pavimentación da senda peonil e remate de beirarrúas na rúa arquitecto Antonio Cominges, en Oia (expediente 4104/401), presentado por Aurelio Pérez Rodríguez e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Alberto Moreno García, con visado colexial do 23 de xullo de 1998.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Nembargantes, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o pri

meiro ou se produza a súa desestimación presunta por transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere oportuno e sexa procedente interpoñer.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 24 de novembro de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo