Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Luns, 12 de xuño de 2000 Páx. 9.028

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE COMPENSACIÓN O POMBAL

ANUNCIO de modificación do proxecto de compensación.

A Xunta de Compensación do Plan Parcial O Pombal, en sesión extraordinaria do día 23-5-2000, adoptou, entre outros, o acordo de modifica-lo proxecto de compensación do Plan Parcial O Pombal, o que se expón ó público polo prazo de vinte días, para que os interesados poidan face-las alegacións e reclamacións que consideren oportunas.

A modificación acordada estará exposta na Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo e no domicilio social da Xunta de Compensación, sito na r/ Areal, 14-3º Dta. de Vigo.

Vigo, 30 de maio de 2000.

Julio Montenegro Vila

Presidente