Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.033

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

Advertidos erros no anexo do citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 100, do 24 de maio de 2000, cómpre face-las oportunas correccións:

1. Na páxina 8.074, no artigo 3, no punto primeiro, letra a), onde di: «Actividades dirixidas á obtención, reparación, mantemento, transformación ou reutilización de residuos industriais,...», debe dicir: «Actividades dirixidas á obtención, reparación, mantemento, transformación ou reutilización de productos industriais,...».

2. Na páxina 8.075, no artigo 6º, no punto quinto, onde di: «As instalacións correspondentes á letra b) do artigo 5º poderán dividirse en seccións,...», debe dicir: «As empresas correspondentes á letra b) do artigo 5º poderán dividirse en seccións,...».