Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.077

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos, do departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, a María Ángeles Luengo Martín (praza 1693/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 21 de xuño de 1999 ( BOE do 7 de xullo) para a provisión da praza de catedrática de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos, do departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, da Universidade de Santiago de Compostela a favor de María Ángeles Luengo Martín e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Ángeles Luengo Martín, catedrática de universidade da área de coñecemento de personalidade, avaliación e tratamentos psicolóxicos, do departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela