Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Hispanidade-Faldra do Castro 5.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Hispanidade-Faldra do Castro 4, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta denominado Faldra do Castro 5, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 26 de abril de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra

 
 
 
 