De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.
Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste edicto, para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma nº 4) e presentar ante a citada delegación, as alegacións que estimen pertinentes.
Nº de expediente: PO-0882-1999.
Denunciado: Antonio Fernández Riveiro.
Enderezo: Marina de Lema y Marina, 254, Vigo-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.13º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 63.000 ptas.
Nº de expediente: PO-1113-1999.
Denunciado: Isidro Otero García.
Enderezo: Eduardo Pondal, 19-1º D. Pontevedra-Pontevedra.
Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.
Sanción: 25.001 ptas.
De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Vigo. Título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións. Delegación de Vigo (Pontevedra). C/C número 2091-0501-66-3110000041, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas, procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.
Vigo, 11 de maio de 2000.
Rosa Mª Quintana Carballo
Delegada territorial de Vigo

