Por acordo da Comisión de Goberno do 26 dos correntes quedou sen efecto o anuncio publicado neste diario nº 83 de data 2 de maio do actual. A licitación ábrese de novo mediante o presente anuncio.
Anuncio de contratación, por concurso por procedemento aberto, da execución da obra de reforma e ampliación do edificio da casa do concello e urbanización do contorno.
Obxecto: reforma e ampliación do edificio da casa do concello e urbanización do contorno.
Importe: 254.989.724 ptas., IVE incluído.
Prazo de execución: 24 meses.
Clasificación do contratista: grupo C, tódolos subgrupos, categoría d).
Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Concello do Porriño (Pontevedra).
b) Teléfonos: 986 33 13 01, fax: 986 33 58 50.
c) Data límite de obtención de documentación e informe: o día anterior a finaliza-lo prazo de presentación de proposicións.
Presentación de ofertas: prazo 26 días naturais contados desde o seguinte ó da data do último anuncio que se publique no BOP, ou ben no Diario Oficial de Galicia.
O Porriño, 30 de maio de 2000.
José Manuel Barros González
Alcalde

