Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se adxudican as bolsas para incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia, convocadas no anexo III da Orde do 8 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 28 de febreiro).

A Orden do 8 de febreiro de 2000 (DOG do 28 de febreiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó programa de apoio a innovación do Plan Galego de IDT, prevé no anexo III, a concesión de bolsas para a incorporación de titulados superiores a centros tecnolóxicos de Galicia (nova adxudicación e prórrogas).

As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas polas correspondentes

comisións designadas pola Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento. De acordo coas propostas elaboradas por estas comisións,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlle bolsa de nova adxudicación para a incoporación ó CIS-MADEIRA a Severino Abad Pequeño, DNI nº 34.982.424-E.

No caso de que o bolseiro renunciase a bolsa, procederase á substitución tendo en conta a lista de suplentes elaborada pola comisión.

Segunda.-Concedérlle-la prórroga por un novo período dun ano (xullo 2000-xuño 2001) para seguir colaborando nos centros que viñan realizando a súa actividade as persoas seguintes:

BolseiroDNICentro

Pilar Losada González36.082.546-P C.T. Armando Priegue-O Porriño

Carmen Cotelo Queijo32.831.033-M CESGA

Mª Inés Pazos Garrido35.322.628-X CECOPESCA-Vigo

Terceira.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación de esta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, podrá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación de esta resolución en el Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

P.D. (Orden 8-2-2000, DOG do 28)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento