Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.152

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de xuño de 2000 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D).

De conformidade co establecido no Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, segundo a redacción que lle deu a

Lei 3/1995, do 10 de abril, (DOG nº 76, do 20 de abril),

DISPÓN:

Convocar proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, grupo D, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura de 116 prazas do corpo auxiliar da Xunta de Galicia, polos sistemas de promoción interna e de acceso libre, polo procedemento de oposición.

I.1.1. O número total de vacantes reservadas ó sistema de promoción interna ascenderá a 58 prazas, que corresponden ó 50% do total de vacantes.

O número total de vacantes reservadas ó sistema de acceso libre ascenderá a 58 prazas.

As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

I.1.2. De conformidade coa disposición adicional sétima da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e co Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a diversas prazas de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, do total de prazas do sistema de acceso libre reservaranse dúas (2) prazas para seren cubertas por persoas con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

No suposto de que estas prazas non sexan cubertas, excluiranse da dita cota de reserva e pasarán a integrarse ás restantes prazas correspondentes ó sistema de acceso libre.

I.1.3. Os aspirantes só poderán participar nun dos dous sistemas.

I.1.4. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril; a Lei 30/1984, do 2 de agosto, modificada pola Lei 23/1988, do 28 de xullo; o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; a Lei 17/1993, do 23 de decembro, de acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos candidatos.

I.2.1. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

I.2.2. Para promoción interna:

I.2.2.1. Estaren en posesión ou en condicións de obte-lo título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

I.2.2.2. Non estaren separados do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expe

diente disciplinario nin atopárense inhabilitados por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.2.3. Os aspirantes deberán ser funcionarios da Administración da Xunta de Galicia e pertenceren o día da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia a algún dos corpos ou escalas integrados no grupo E (corpo subalterno da Xunta de Galicia) de acordo co disposto no Decreto 91/1991, do 20 de marzo, de integración dos funcionarios na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, ter unha antigüidade de, polo menos, dous anos no corpo ou escala de orixe e posuí-la titulación requirida para o acceso ó corpo.

I.2.3. Para acceso libre:

I.2.3.1. Seren españois ou seren nacionais dun Estado membro da Unión Europea, ou nacional do Reino de Noruega, ou nacional da República de Islandia.

Tamén poderán participa-lo cónxuxe, descendentes e descendentes do cónxuxe, dos españois e dos nacionais de países membros da Unión Europea, de Noruega ou de Islandia, sempre que non estean separados de dereito, menores de vinteún anos ou maiores da devandita idade que vivan ás súas expensas.

Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros sstados cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Comunidade Europea e ratificados por España.

I.2.3.2. Teren cumpridos os dezaoito anos.

I.2.3.3. Estaren en posesión ou en condicións de obte-lo título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá estarse en posesión do documento que acredite fidedignamente a súa homologación.

I.2.3.4. Non padeceren enfermidade nin estaren afectados por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.3.5. Non estaren separados do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atopárense inhabilitados por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

I.2.3.6. Os aspirantes que non posúan nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

I.2.4. Tódolos requisitos enumerados na base I.2.2 e I.2.3 deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. Os que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán facelo constar mediante instancia (anexo I), que será facilitada nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia ás que se fai referencia na base I.3.2. Á instancia xuntarase foto

copia do documento nacional de identidade e xustificante de ter aboados os dereitos de exame, expedido pola entidade bancaria correspondente, así como, de se-lo caso, a copia cotexada da cualificación da minusvalidez, para os efectos da exención prevista no parágrafo quinto desta base e do disposto nas bases I.I.2 e I.3.3.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, se é o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do nacional doutro Estado co que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán achegar declaración xurada ou promesa deste de que non está separado de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive a expensas ou está ó seu cargo.

Para os efectos de información o teléfono de contacto é o 902 12 00 12, en horario de 9 ás 19 horas de luns a venres e de 9 ás 14 horas os sábados.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto no artigo 30 dous 3) da Lei 7/1999, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000, que modifica o punto 0.3 do artigo 18 do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo 3º do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exencións reguladoras da Comunidade Autónoma, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 4.700 pesetas e, de se-lo caso, os gastos de transferencia correspondentes, utilizando para iso o impreso de autoliquidación que se sinala no anexo II. O dito impreso seralles facilitado ós interesados no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereitos de inscrición os que posúan unha discapacidade igual ou superior ó 33%, circunstancia que deberá ser acreditada documentalmente xunto coa instancia, presentando copia cotexada da cualificación da minusvalidez.

A non presentación do xustificante do ingreso das taxas, no que figure o selo da entidade bancaria, determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación deste xustificante suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma da solicitude.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, ós aspirantes excluídos que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no DOG da resolución definitiva da Dirección Xeral da Función Pública á que fai referencia o punto terceiro da base I.4.2.

I.3.2. A presentación de solicitudes farase no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Adminis

tración Pública, no das súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, oficinas de correos así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse, no prazo expresado no parágrafo anterior, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas, que as remitirán seguidamente ó organismo competente.

I.3.3. Os aspirantes con algunha discapacidade deberán indicalo na solicitude. Así mesmo, deberán solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Todo iso conforme o contido na Lei 13/1982, do 7 de abril, e no Decreto 103/2000, do 5 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2000.

Estes requisitos tamén os deberán cumprir, de se-lo caso, os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33%, a que se refire a base I.1.2. Tales aspirantes terán que declarar expresamente nas solicitudes que posúen a condición de discapacidade anteriormente citada, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecida polo órgano competente.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Expirado o prazo de presentación de instancias, o director xeral da Función Pública dictará resolución de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que se publicará no DOG así como oportunamente nos lugares determinados pola normativa vixente e na que se declarará aprobada a lista de admitidos e excluídos, así como as causas da súa exclusión e a indicación do lugar no que se atopan expostas as listas de admitidos. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade.

I.4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixir, de se-lo caso, o defecto que motivase a exclusión.

Para tal efecto a estimación ou desestimación das ditas peticións de emendas entenderanse implícitas na resolución pola que se publique a listaxe definitiva.

Unha vez transcorrido o dito prazo, a Dirección Xeral da Función Pública dictará resolución definitiva, contra a que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación no procedemento.

II. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas será o publicado no DOG nº 137, do 19 de xullo, aprobado pola Orde do 30 de xullo de 1999, corrección de erros DOG nº 146, do 30 de xullo.

Para os aspirantes que accedan polo sistema de promoción interna, rexerá o dito programa excepto no que se refire ós temas 7 ó 13 inclusive, 15, 16, 21, 22 e 25, de conformidade coa Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG nº 238, do 13 de decembro).

II.1. Exercicios:

II.1.1. Exercicios comúns para ámbolos sistemas de acceso:

a) Primeiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá en contestar por escrito a un cuestionario de 75 preguntas tipo test, con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal que será o resultante do sorteo de entre tres cuestionarios elaborados previamente por el e correspondentes ó contido do programa. O tempo máximo de duración será dunha hora e trinta minutos.

Cada opositor poderá obter copia do exercicio realizado ó remate del.

No prazo das vintecatro horas seguintes ó da celebración farase pública, no lugar de realización do exercicio, o modelo coas respostas correctas do test.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario, para superalo, obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo número de respostas correctas esixido para acada-la puntuación mínima. Para iso terase en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontará unha correcta.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

b) Segundo exercicio, de carácter eliminatorio: constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na traducción dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na traducción dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre tres textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obte-lo resultado de

apto, correspondendo ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-lo resultado de apto.

Os resultados publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

Estarán exentos da realización do segundo exercicio os aspirantes que acrediten a posesión do curso de iniciación ó galego ou estudios equivalentes. Tal acreditación poderase presentar ata os 10 días seguintes ó da publicación da nota do primeiro exercicio.

c) Terceiro exercicio, de carácter eliminatorio: consistirá na realización dunha proba práctica na que os aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo de paquetes ofimáticos en contorno MS Office (folla de cálculo e procesador de textos), no tempo máximo de 20 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario para superalo obter un mínimo de 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixido para acada-la puntuación mínima.

As puntuacións publicaranse unha vez rematada a corrección da totalidade dos exercicios.

II.2. Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo deberán presentarse provistos do correspondente lapis nº 2 e goma de borrar para a realización dos exercicios tipo test.

II.3. Os exercicios celebraranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos opositores e membros do tribunal e os colaboradores designados por este.

II.4. Desenvolvemento dos exercicios:

II.4.1. Os exames realizaranse en galego ou castelán.

II.4.2. A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente polo primeiro da letra «Z», de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 16 de marzo de 2000, polo que se publica o resultado do sorteo celebrado o 15 de marzo (DOG nº 59, do 24 de marzo), ó tratarse dunha convocatoria correspondente ó ano 2000.

II.4.3. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditaren a súa personalidade.

II.4.4. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, podéndose considera-los casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente apreciados polo tribunal, para efectos dun posterior chamamento.

II.4.5. A publicación dos sucesivos anuncios de celebración do segundo e restantes exercicios efectuaraa o tribunal nos locais onde se celebrase o primeiro, e por calquera outro medio, se se xulga conveniente, para facilita-la súa máxima divulgación, con vintecatro horas, polo menos, de antelación á sinalada para a súa iniciación. Cando se trate de distintas fases do mesmo exercicio, o anuncio será publicado nos locais onde se celebrase, e nalgún outro medio se se xulga conveniente con doce horas, polo menos, de antelación.

II.4.6. En calquera momento do proceso selectivo se o tribunal tivera coñecemento de que algún aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos pola convocatoria, logo da audiencia do interesado, deberá acorda-la súa exclusión, se procede.

Contra tal acordo poderá interpoñerse recurso de alzada conforme o previsto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

II.5. A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida nos exercicios da oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior ó de prazas convocadas.

II.6. Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna, en virtude do disposto no artigo 22.2º do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre para cubri-las vacantes correspondentes.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o proceso selectivo poderán tomar posesión da praza que viñeran desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos esixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios pertencentes ó corpo ó que accedan, de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificada pola Lei 3/1995, da función pública de Galicia.

III. Tribunais.

III.1. Os tribunais cualificadores do proceso serán designados por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 7 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. Ademais dos tribunais que se designen na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, poderán nomearse máis tribunais para xulga-lo proceso, por proposta do tribunal número 1, cando polo número de aspirantes isto fose necesario.

A autoridade convocante publicará no DOG resolución pola que se nomeen os novos tribunais, de se-lo caso.

III.3. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir, notificándoo ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da convocatoria.

O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non atopárense incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

III.4. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución pola que se nomeen os novos membros do tribunal, que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base III.3.

III.5. Logo da convocatoria do presidente do tribunal número 1, constituiranse os tribunais en sesión conxunta. Tal constitución entenderase válida con que asistan a ela a maioría dos membros de cada tribunal.

A celebración da sesión de constitución terá lugar no prazo máximo de trinta días a partir da publicación dos tribunais e mínimo de dez días antes da realización do primeiro exercicio.

Na dita sesión, os tribunais, baixo a dirección e coordinación do tribunal número 1, adoptarán tódalas decisións que lles correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

Especialmente cando as circunstancias así o aconsellen os tribunais poderán acordar que a celebración de calquera dos exercicios da fase de oposición se realice simultaneamente en varias localidades. No dito caso os aspirantes serán convocados para a realización do mencionado exercicio na localidade correspondente, atendendo ó domicilio que figure nas súas instancias.

III.6. A partir da sesión de constitución, cada tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes.

III.7. O procedemento de actuación dos tribunais axustarase en todo momento ó disposto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

III.8. A cada tribunal corresponderalle xulgar un número determinado de aspirantes que estarán comprendidos entre as letras do abecedario correspondentes ós apelidos dos opositores que se lles asignase.

III.9. A un dos tribunais corresponderalle xulga-los aspirantes correspondentes ó sistema de promoción interna.

III.10. Corresponderalle ó tribunal nomeado co número 1:

-Enviar de orde do seu presidente citación ó resto dos tribunais para constituírse nun acto conxunto.

-Mediante anuncio público no DOG e demais anuncios correspondentes, fixarase o lugar, a data e a hora de realización do primeiro exercicio.

-Recibi-los expedientes dos demais tribunais relativos ó transcurso das probas e respectivas propostas e eleva-la proposta definitiva de aprobados.

III.11. Co obxecto de acada-la necesaria coordinación entre os tribunais cualificadores, todos actuarán conxuntamente baixo a dirección do número 1, que resolverá cantas consultas, interpretacións e criterios de valoración e de unificación se poidan presentar e solicitar polos restantes tribunais sobre as normas da convocatoria.

Os tribunais cualificadores actuarán coordinadamente procurando a maior uniformidade nos criterios valorativos dos exercicios, sen prexuízo de que funcionarán con autonomía no que se refire á selección dos aspirantes, formulando as súas propias propostas.

III.12. Por cada sesión do tribunal levantarase acta, que, lida ó principio da sesión seguinte e feitas, de se-lo caso, as rectificacións que procedan, autorizarase coa sinatura do secretario e o visto e prace do presidente.

III.13. Cada tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes ós exercicios que estime pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la súa colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

III.14. Os tribunais cualificadores adoptarán as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que os aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para a realización dos exercicios que os restantes participantes. Neste sentido estableceranse, para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3.3., as adaptacións posibles en tempos e medios para a súa realización.

Se na súa realización se lle suscitaran dúbidas ó tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ó que opta, poderá solicita-lo correspondente dictame do órgano competente.

III.15. O presidente de cada tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios da fase de oposición que se realicen en forma escrita sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes, utilizando para iso os impresos adecuados.

Os tribunais excluirán aqueles candidatos con exercicios nos que figuren marcas ou signos que permitan coñece-la identidade do opositor.

III.16. Os tribunais que actúen no proceso selectivo terán a categoría primeira das recollidas no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

O número máximo de sesións de cada un dos tribunais será fixado por resolución da Dirección Xeral da Función Pública, podendo só ampliarse o número delas, con base en causa xustificada, por a dita dirección xeral.

III.17. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes que o de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.18. As comunicacións que formulen os aspirantes ós tribunais dirixiranse á Consellería da Presidencia e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Lista de aprobados.

IV.I. Rematadas as probas selectivas e no suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes estas resolveranse pola puntuación obtida no primeiro, e se iso non fose suficiente, pola puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se

resolva este. De persisti-lo empate resolverase pola orde alfabética á que se refire a base II.4.2.

Cada tribunal resolverá os empates que se produzan relativos ós aspirantes que lles correspondan. No caso de que unha vez elevadas as distintas propostas ó tribunal número 1, se produzan novos empates, estes resolveranse polo dito tribunal, de acordo cos criterios expresados no parágrafo anterior.

IV.2. Rematadas as probas selectivas, os tribunais farán públicas no DOG, no lugar ou lugares de celebración do último exercicio e naqueleoutros que estimen oportunos, as relacións independentes de aspirantes que superaron o proceso selectivo, tanto polo sistema de acceso libre como polo de promoción interna, por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade.

O presidente do tribunal número 1 enviará proposta conxunta de ámbalas dúas listas de aprobados ó director xeral da Función Pública, especificando, igualmente, o número de aprobados en cada un dos exercicios.

V. Presentación de documentación e nomeamento de funcionarios.

V.1. Por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública elevarase a definitiva a proposta dos tribunais dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, publicándose no DOG e a partir da dita publicación computarase o prazo de vinte días naturais para que os citados aspirantes presenten na Dirección Xeral da Función Pública os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada polo órgano competente (servicios de persoal, de se-lo caso rexistros xerais ou fedatarios públicos) do título esixido na base I.2, ou certificación académica que acredite que realizou tódolos estudios para a obtención do título, ou de se-lo caso documento que acredite fidedignamente a posesión do correspondente título académico.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de que non foi separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

c) Deberá presentarse certificado médico oficial no que se acrediten os extremos sinalados na base I.2.3.4.

d) Os aspirantes con minusvalideces cun grao de discapacidade igual ou superior ó 33% (cota de reserva), deberán acreditar tal condición, se obtiveran praza, mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Sanidade e Servicios

Sociais e, de se-lo caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Consellería da Presidencia e Administración Pública requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

V.2. Os que tiveran a condición de funcionarios de carreira están exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do Rexistro de Persoal da consellería ou organismo do que dependeran para acreditar tal condición, con expresión do número e importe de trienios, así como a data do seu cumprimento.

V.3. Os que dentro do prazo fixado, salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do seu exame se deducira que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2., non poderán ser nomeados funcionarios e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

V.4. Rematado o proceso selectivo da oposición e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados funcionarios de carreira mediante resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, que se publicará no DOG con indicación na que se indicará o destino adxudicado de acordo coa puntuación obtida nos exercicios da oposición.

V.5. A adxudicación das prazas ós aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base II.5. unha vez aplicado o disposto na base II.6.

V.6. A toma de posesión dos aspirantes aprobados será efectuada no prazo de un mes, contado a partir da data de publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade coas disposicións previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e demais normas concordantes.

VII. Disposición adicional.

Queda sen efecto a Orde do 18 de febreiro de 1999 pola que se aprobaron as bases que rexerían o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), publicadas no DOG nº 49, do 11 de marzo, corespondentes á oferta do ano 1999, aprobada polo Decreto 44/1999, do 18 de febreiro.

VIII. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Instruccións para o/a interesado/a

* Instruccións xerais:

-Escriba soamente á máquina ou con bolígrafo sobre superficie dura, empregando maiúsculas de tipo imprenta.

-Asegúrese de que os datos resultan claramente lexibles en tódolos exemplares.

-Evite dobra-lo papel e realizar correccións, emendas ou riscaduras.

-Non escriba nos espacios sombreados ou reservados.

-Non esqueza asina-lo impreso.

-Non esqueza achega-lo impreso de autoliquidación de taxas debidamente cuberto e selado pola entidade bancaria.

-Non esqueza xuntar fotocopia do seu DNI ou documentación acreditativa segundo a base I.3.1 da convocatoria.

-Non esqueza xuntar copia cotexada da cualificación da minusvalidez, de se-lo caso.

* Instruccións particulares.

1. Corpo. Consigne o texto e o código correspondente segundo a táboa seguinte:

01. Grupo A. Corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

02. Grupo B. Corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

03. Grupo C. Corpo administrativo da Xunta de Galicia.

04. Grupo D. Corpo auxiliar da Xunta de Galicia.

05. Grupo E. Corpo subalterno da Xunta de Galicia.

2. Grupo. Sinale a letra do grupo correspondente.

ANEXO III

Don/a... con domicilio en... e con DNI/pasaporte... declara baixo xuramento ou promete, para efectos de ser nomeado funcionario do corpo auxiliar da Xunta de Galicia, grupo D, que non está sometido a sanción disciplinaria ou condena no Estado de... que impida o acceso á función pública.

En (país e localidade)..., ... de... de 2000.