Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.171

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a Luis Manuel Vidal Molina (praza 1668/1999).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 4 de maio de 1999 ( BOE do 29) para a provisión da praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela a favor de Luis Manuel Vidal Molina, tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Manuel Vidal Molina, profesor titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela