A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou sentencia o 8 de marzo de 2000 estimando o recurso contencioso-administrativo promovido por Pascual Luis López Buesa contra a resolución da comisión de con
flictos da Universidade de Vigo do 11 de setembro de 1996.
A parte dispositiva da devandita sentencia declara o dereito do recorrente a ser nomeado funcionario de carreira do corpo de profesores titulares de universidade con efectos administrativos desde o momento en que tal nomeamento debería terse producido.
Cumprindo o interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, este rectorado resolveu:
Primeiro.-Nomear a Pascual Luis López Buesa, con documento nacional de identidade número 17.212.795, profesor titular de universidade da área de coñecemento de tecnoloxía dos alimentos, do departamento de Enxeñería Química.
Segundo.-Este nomeamento terá efectos plenos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial do Estado.
Terceiro.-Retrotrae-los efectos administrativos deste nomeamento ó 9 de outubro de 1995.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 22 de maio de 2000.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo

