Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e forma adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, da obra: construcción de ximnasio, vestiarios e obras varias no CEIP de Quintela-Moaña, e outras.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Centro directivo: Delegación Provincial de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: construcción de ximnasio, vestiarios e obras varias no CEIP de Quintela-Moaña.

b) Prazo de execución: tres meses.

c) Orzamento da obra: 22.981.919 ptas. IVE incluído. (138.124 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.2.a) Descrición do obxecto: reformas para instalación de ascensor e varios no CEIP de Castrillón-Coiro. Cangas.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 19.162.443 ptas. IVE incluído. (115.169 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.3.a) Descrición do obxecto: cambio de cubertas, ventáns e varios no CEIP Ría de Vigo-Vigo.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 16.368.187 ptas. IVE incluído. ( 98.375 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.4.a) Descrición do obxecto: cambio de carpintería exterior e persianas no CEIP Antonio Palacios-O Porriño.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 11.402.967 ptas. IVE incluído. (68.533 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.5.a) Descrición do obxecto: reparación de vestiarios e cuberta de pavillón no CPI da Cañiza-A Cañiza.

b) Prazo de execución: cinco meses.

c) Orzamento da obra: 14.326.484 ptas. IVE incluído. (86.104 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.6.a) Descrición do obxecto: arranxo da cuberta e canos no CPI Altamira-Salceda de Caselas.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 20.405.357 ptas. IVE incluído. (122.639 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.7.a) Descrición do obxecto: arranxo da cuberta, canos e varios no CEIP de Rubiáns-Vilagarcía de Arousa.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 11.264.776 ptas. IVE incluído. (67.703 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.8.a) Descrición do obxecto: cerramento do soar, reparacións varias nos CEIP de Arealonga e Lomba-Vilagarcía de Arousa.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 11.344.321 ptas. IVE incluído. (68.181 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: non se esixe.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

2.9.a) Descrición do obxecto: cambio de cuberta, carpintería exterior e reparacións varias no CEIP Infante Felipe de Borbón-Salvaterra de Miño.

b) Prazo de execución: dous meses.

c) Orzamento da obra: 21.284.972 ptas. IVE incluído. (127.925 euros).

d) Fianza provisional: non se esixe.

e) Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

f) Clasificación: grupo C, categoría D.

g) Variantes: só se admitirá como variante a reducción do prazo de execución.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación xeral A, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias B, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica C, a establecida no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, no Servicio de Contratación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria, sito na Avda. Montero Ríos, s/n, Pontevedra, teléfono: 986 80 59 06.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 6 de xuño de 2000.

P.D. (Departamento 87/1990, do 15 de febreiro)

José Antonio Fraga Boullosa

Delegado provincial de Pontevedra