Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

Declarado deserto o concurso convocado por esta deputación, segundo prego de condicións publicado no BOP do día 3 de maio, e anuncio no DOG do día 10 do mesmo mes, para adquisición de locais destinados á Escola de Artes e Oficios, por non se presentar ningunha oferta, convócase novamente o concurso con suxeición ás mesmas bases, coa excepción do prazo de presentación de ofertas e documentación, que finalizará ás 12 horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ó da publicación do pertinente anuncio no DOG.

Ourense, 6 de xuño de 2000.

O presidente

Rubricado