Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.517

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Profesionales Autónomos e Industriales del Comercio de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron despositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Profesionales Autónomos e Industriales del Comercio de Pontevedra, que abarcan os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: tódolos empresarios da provincia de Pontevedra.

Asinan a acta de constitución Joaquín Montes Otero e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, vinteseis de maio de dous mil.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra