Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 24 maio de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica de analistas con destino á área de producción estatística do IGE. (Expediente 7/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela.

b) Número de expediente: 7/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica de analistas con destino á área de producción estatística do IGE.

b) Prazo de execución: será de 2.640 horas, a partir do autorgamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Dezasete millóns trescentas mil (17.300.000) pesetas IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 346.000 ptas.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación da documentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do quinto día hábil seguinte, que non coincida en sábado, ó de finalización do prazo de presentación das proposicións, no Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para

a Xestión Tributaria, Económico-Financeira

e Contable