Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación polo Servicio Galego de Saúde dun servicio para o desenvolvemento dunha aplicación para a fabricación descentralizada de tarxetas sanitarias. (S-248/2000).

1. Objeto e orzamento: servicio para o desenvolvemento dunha aplicación para a fabricación descentralizada de tarxetas sanitarias por un importe máximo de 6.930.000 pesetas (IVE incluído) (41.650,14 euros).

2. Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Clasificación económica.

Grupo:... Subgrupo:... Categoría:...

5. Prazo de execución: ver punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Admisión de variantes: non se admiten.

9. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/ Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (no ático da ala norte), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

12. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos