Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.590

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 027 (coordinador/a de actividades externas) do grupo I (lista B), de conformidade co establecido na Resolución do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo).

Publicadas as resolucións do día 22 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 45, do 6 de marzo) e do 11 de maio de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 101, do 25 de maio) relativo á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 027 (coordinador/a de actividades externas) do grupo I (lista B) e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola comisión permanente de selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral na sesión celebrada o día 6 de xuño de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 027 (coordinador/a de actividades externas) do grupo I (lista B) da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos na seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da categoría 027 (coordinador/a de actividades externas) do grupo I (lista B) quedarán sen efecto as listas da dita categoría elaboradas anteriormente tal e como se establece na base 6ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 129, do 30 de xuño).

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública