Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dunha asistencia técnica para a contratación da elaboración dos elementos básicos que permitan a edición e publicación dun libro institucional de promoción turística de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso, da elaboración dos elementos básicos que lle

permitan á Administración a posterior edición e publicación dun libro institucional de promoción turística de Galicia no que o seu elemento conductor básico sexa Galicia e os seus recursos turísticos arredor da cultura da auga (termas, fontes e vilas termais, balnearios, turismo náutico, o mar, os ríos, as lagoas........).

* Orzamento de licitación: dezanove millóns (19.000.000) de pesetas (cento catorce mil cento noventa e dous con douscentos noventa e nove 114.192,299 euros) no que se inclúe tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

* Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 30 de setembro do ano 2001.

* Garantía provisoria: establécese unha garantía provisoria de 380.000 ptas. (2.283,845 euros) a cal deberá de estar constituída nalgunha das formas establecidas nos apartados a), b) ou c) do artigo 36.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, modificada pola Lei 53/1999, do 28 de decembro.

* Clasificación: non se require.

* Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

* Prazo de presentación de proposicións: as proposicións faranse ata as 14 horas da data de prazo máximo de presentación de proposicións o cal será de 2 meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Os licitadores farán as súas proposicións consonte o prego de cláusulas administrativas e mailo de prescricións técnicas que rexen a contratación e con estricta suxeición ó modelo que figura como anexo I ó referido prego de cláusulas administrativas.

* Lugar e presentación de proposicións: no Rexistro Auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte ó determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo será posible a presentación de ofertas ó abeiro do determinado no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación.

* Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

* Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola Mesa de Contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes.

De coincidir en sábado ou festivo a referida data ó acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo