Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración e instalación de elementos en Parque en Día Tres (Concello de Vilarmaior) código 99.3440.0119.0 (Plan 2000 de protección do medio ambiente 1999-2000; 4ª fase). (Expediente 00/3801 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración e instalación de elementos en Parque en Día Tres (Concello de Vilarmaior) Código 99.3440.0119.0.

Lugar de entrega e instalación: Concello de Vilarmaior, Parque en Día Tres.

Prazo de entrega: seis meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 2.316.987 pesetas, 13.925,37 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Teléfono 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 12 de xuño de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña