Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Xoves, 22 de xuño de 2000 Páx. 9.760

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 7 de xuño de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Para lle dar cumprimento ó disposto nas sentencias 94/1997, 166/1997, 241/1997, 245/1997, 246/1997, 265/1997, 287/1997 e 290/1997 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, suprímese o requisito de titulación dun posto de traballo do Centro Residencial Docente de Ourense.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do sete de xuño de dous mil, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1. Modifica-lo vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2. Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do sete de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e

Administración Pública

ANEXO

Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria

Na vixente relación de postos de traballo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, publicada no DOG nº 227, do 27-11-1995, prodúcese a seguinte modificación:

Persoal funcionario

-Na páxina 8.752, no centro de destino «CENTRO RESIDENCIAL DOCENTE (OURENSE)», no posto co código «ED.C99.40.801.32001.003. XEFE SECCIÓN», na columna: Titulación académica suprímese «2998».