Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.334

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 165/2000, do 29 de xuño, polo que se dispón que cese María Reyes Carabel Pedreira como delegada provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xuño de dous mil,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a outro destino, María Reyes Carabel como delegada provincial da Coruña da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, vintenove de xuño de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais