Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.357

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de xuño de 2000 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería da Presidencia e Administración Pública por orde do 31 de marzo de 2000 (DOG nº 73, do 13 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, esta consellería dispón resolve-la citada convocatoria de acordo cos seguintes puntos:

Primeiro.-Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obteñan praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

Terceiro.-A xefatura do centro no que causen baixa os funcionarios, así como o daquel no que obteñan praza, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se lle dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

NRP: 32.776.416.13 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Vía Leira, Enriqueta.

Posto de traballo: subdirectora xeral de Racionalización Administrativa.

Nivel: 30.

Código posto: PR.C04.00.001.15770.001.

Centro directivo: Inspección Xeral de Servicios.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 36.058.661.24 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Fernández Iglesias, Marcos.

Posto de traballo: inspector de Servicios.

Nivel: 30.

Código posto: PR.C04.00.000.15770.062.

Centro directivo: Inspección Xeral de Servicios.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 33.286.305.35 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Mera Souto, José Luis.

Posto de traballo: subinspector de Servicios.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C04.00.000.15770.073.

Centro directivo: Inspección Xeral de Servicios.

Localidade: Santiago de Compostela.

NRP: 05.392.203.57 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: García Rodríguez, Mª Belén.

Posto de traballo: subinspectora de Servicios.

Nivel: 28.

Código posto: PR.C04.00.000.15770.077.

Centro directivo: Inspección Xeral de Servicios.

Localidade: Santiago de Compostela.