Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de xuño de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona aumento de base impoñible pendente de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Barcia Pazos, María Carmen).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase aumento de base impoñible pendente de notificar, despois de intentada e notificación persoal por dúas veces, e emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a Secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena, 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 9 de xuño de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadaProcedemento

Barcia Pazos, María Carmen

DNI: 35.278.497-Q.

r/ Ezequiel Massoni, 74 Esc. 2-5º A,

Marín

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados. Art. 14.7º R.D. 1/1993.

Expte.: T-6725/97.

Liq. 600602523920.